Proxectarase SURPLUS "Consumidores Aterrorizados" Erik Grandini - 2003 - Suecia
"Surplus" constitúe unha representación excepcional da cultura antisistema. Denuncia a macro-propaganda tomando prestadas as súas armas de persuasión, cun dobre obxectivo: atraer máis adeptos á súa causa e chamar a atención sobre os perigos de deixarse levar polo consumo desenfreado proposto polo caudal inocente de información politizada. Surplus consegue poñer en evidencia as contradiccións do sistema de forma reveladora.
No debate contarese coa presencia de MANUEL GARRIDO, socio fundador e actual presidente da nosa cooperativa.
O acto terá lugar o Mércores día 21 de maio. As 20.30 horas Local de Amarante e Verdegaia en Ourense
(Avd.Habana 64, cruce con Avd. Bos Aires)