Na reunión de presidencias das Comunidades Autónomas do 17 de xaneiro, aprobouse poñer en marcha un Plan de emerxencia entre o goberno español e os executivos autonómicos para enviar recursos e material de Axuda Humanitaria á poboación refuxiada dos campos da fronteira europea, así como axilizar a chegada das 17.377 persoas refuxiadas que o Estado español se comprometeu a acoller.
Dende a Rede de Coordinadoras Autonómicas de ONG de Desenvolvemento, denunciamos o atraso con que o goberno español está a reaccionar ante o drama que viven ás persoas migrantes que queren chegar a chan europeo. E ante a proposta de Plan de Emerxencia, esiximos:
- Que o Plan de Emerxencia non se financie a través das partidas destinadas á política de cooperación ao Desenvolvemento das diferentes administracións públicas, tal e como se manifestou do 24 de xaneiro entre o Secretario de Estado e as direccións xerais de cooperación autonómicas. A asistencia ás persoas refuxiadas dentro das fronteiras europeas debe ser responsabilidade de protección civil porque os Gobernos europeos teñen a obriga de respectar a legalidade internacional e o dereito comunitario protexendo o dereito de asilo e refuxio e garantindo as condicións de vida digna a toda á poboación refuxiada a través de fondos de política interior.
- Cumprir inmediatamento os compromisos de acollida y reubicación de persoas refuxiadas comprometidos polo Estado español ante a UE.
- A anulación do acordo entre a UE e Turquía e de todos os tratados que, de mesmo xeito, supoñen a vulneración e un risco para a garantía dos dereitos humanos das persoas. Tamén, acabar coa opacidade dos acordos bilaterais asinados polo Estado español e europeos sobre o establecemento de rutas seguras e as repatriacións en quente.
- Facilitar e garantir vías legais e seguras de acceso ás persoas que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade e a vida das cal corre perigro
- Compromiso de acabar co comercio de armas das empresas españolas, que contribúen ao mantenemento dos conflitos armados, causa da fuxida de moitas persoas en busca de asilo e/ou refuxio en Europa.
- Unha política exterior coherente que preveña os conflitos armados, que busque a igualdade entre países, que non cre diferenzas baseadas no comercio exterior, que non abuse de situacións de partida privilexiadas dalgúns países, que non permita que as empresas transnacionales esquilmen recursos naturais de países empobrecidos e evadan ou eludan os seus impostos en paraísos fiscais, que penalice os incumprimentos do Tratado sobre o Comercio de Armas e persiga encarnizadamente o comercio ilegal de armas e municións.
- Unha decidida aposta pola Cooperación Internacional para un desenvolvemento sustentable e equitativo que reverta os recortes destes últimos anos e que teña como obxectivo cumprir coa solicitude da ONU de reservar o 0,7% do seu PNB.