Consumo consciente

O consumo consciente consiste en interesarse polas repercusións dos nosos actos de consumo: qué e onde omercamos, onde e cómo foi producido e cómo chegou a nós. Trátase de coñecer se os nosos hábitos de consumo son en maior ou menor grado, ambiental e socialmente sostibles.

O consumo consciente é en definitiva observar a realidade e cuestionala, procurar a información sobre esa realidade, reflexionar e tomar unha decisión dentro dun abanico de posibilidades.

¿É díficil o consumo consciente?

Está claro que o acto de consumir bens e servizos nunha sociedade orientada a tal feito como motor económico fai que sexa en sí un acto case automático e irracional. A hora de escoller un producto ou servizo seguimos patróns estándar como o prezo, a suposta calidade, a accesibilidade, a marca ou a moda de turno.

Ista rutina tan instaurada e tan cultural fai que o consumo consciente requira un esforzo bastante importante a hora de poder levalo a cabo. É dicir, o consumo consciente require seguir patróns "contra culturais".

Se lle adicamos un pouco da nosa enerxía e tempo a nosa forma de consumir, podemos aprender a facelo de forma máis consciente. Nun principio é dificil, pero é posible e moi satisfactorio. Ten moitas vantaxes...

¿Por qué practicar un consumo consciente?

Ao mesmo tempo que os patróns do consumo, hoxe en día, son automáticos, todas nós na nosa vida seguimos uns patróns dacordo cos nosos valores e principios, é dicir, según unha ética personal. Aplicar a nosa ética personal a nosa forma de consumir danós coherencia e satisfacción personal. Potenciamos que o noso consumo non sexa contradictorio coas nosas ideas. Trasladamos a decisión do consumo a esfera do personal, facendo a decisión de consumir en reflexiva e non irracional. O noso consumo influe no rumbo da sociedade, influe no mundo en que vivimos, en definitiva, xunto coa reinvidicación política, perfilase como unha potente ferramenta de transformación social. 

O consumo consciente é unha parte importante dunha vida plena e coherente. Cada vez máis persoas deciden dar ás súas vidas unha dirección baseada nos seus propios criterios, no canto de limitarse a seguir a corrente.

Non hai maior erro que non facer nada por que só se poda facer un pouco.

As utopías son as verdades do mañá. Outro mundo é posible e necesario.

consumo consciente según o CRIC - revista Opcións
Nosos principios

 

proxecto fiare galiza