Xavier Montagut e Fabrizio Dogliotti
¿Cómo funciona o mercado internacional? ¿Quen impón as normas e os prezos na produción mundial de alimentos? ¿Que papel xogan multinacionais, grandes cadeas comerciais e OMC? ¿Quén gana e quen perdo? Estas son só algunhas das cuestións ás cales, de forma sinxela e entendedora pero á vez rigorosa, dá resposta este libro da Xarxa de Consum Solidari.
Ao longo das súas páxinas, os autores desgranan varios aspectos do sistema actual que mostran o fracaso e o impacto do modelo agroexportador imperante e a súa incapacidade por garantir a soberanía alimentaria e o dereito a alimentos sans, culturalmente apropiados para todo o mundo, producidos respectando o medio ambiente e mediante un traballo digno para os campesiños.
Terra, auga, sementes, biodiversidade, alimentos transformáronse hoxe en mercancías sometidas ás ríxidas leis do mercado. Pero ante esta realidade, o libro recolle experiencias alternativas que xurdiron en todo o mundo e que demostran a existencia de estratexias de resistencia activa ante as consecuencias do neoliberalismo na agricultura e a alimentación: mercados campesiños, comercio xusto sur-sur, cooperativas de consumo ecolóxico no norte, agroecología facendo especial énfasis nas implicaciones que a visión de Soberanía Alimentaria ten de face a conseguir "outro mundo posible".