Parabéns dende Árbore para as nosas amigas de Zocaminhoca.
Non estades soas no camiño. Xuntas contra o capital, xuntas por outro mundo necesario e posible.

O primeiro pedido de Zocamiñoca xa é historia. As primeiras verduriñas
e froita fresca ateigaron a Sala do Trinke, lugar habitual de ensaios
teatrais, que se converteu por un par de días nun inesperado espazo de
distribución e de convivencia entre todas nós. [...]
+info: www.zocaminhoca.org








