Segundo datos o último Eurobarómetro, a porcentaxe da poboación partidaria do uso da enerxía nuclear está aumentando en España e na Unión Europea. Unha das razóns referidas polo estudo é a profunda preocupación dos cidadáns ante a subida de prezos dos hidrocarburos.
En España, onde a resistencia ao nuclear é unha das maiores de Europa (xunto a Irlanda, Portugal, Grecia, Malta, Austria e Chipre), a porcentaxe das súas partidarios creceu do 16% ata o 24%, seguindo a mesma tendencia que o resto de Europa.
A favor da enerxía nuclear decláranse un 44% dos cidadáns da UE, fronte a un 45% en contra. Fai tres anos, as cifras eran do 37% e do 55%, respectivamente.
Ao redor dun terzo da electricidade xerada na UE nace nas centrais nucleares de 15 países comunitarios. Segundo estes datos estamos ante unha tendencia cara a unha maior tolerancia da enerxía nuclear, que gaña adeptos en 20 dos 27 países da Unión.