Boletín Galiza non se vende


Este é o resumo das novas publicadas o último mes en www.galizanonsevende.org

SOS Courel
maniféstase a propósito dos incendios

Agosto 31st, 2008.
Escrito por
admin en Xeral | 1 comentario »

Nós, non imos especular, a
pesar das faladurías dunha posible vendetta cara SOS Courel, que se
difunde dende fai tempo polo Concello, nin polo feito de que os
incendios do Courel  se produciran no entorno de Ferreirós de Abaixo, o
máis grave iniciouse a 700 metros e aproximouse ata os 200 metros desta
aldea de tres casas onde vive un dos membros desta asociación, Orlando
Álvarez, que foi criticado en algúns medios de comunicación de xeito
miserable por o Sr. Emilio López Pérez, que exerce desgraciadamente de
Delegado de Medio Rural en Lugo. Ler
o resto desta entrada »

Comentar esta
nova...

Propaganda e
intoxicaçom como soluçom

Agosto 30th, 2008.
Escrito por
admin en Litoral, Xeral | 1 comentario »

Un artigo de Xosé María García
no blog de Cos pés na Terra

Agosto -mês de vacaçons por excelência-
e trás umha cortina de fume em forma de polémica arredor dum hipotético
adianto eleitoral, esse foi o momento escolhido polo governo galego
para aprovar um Plano de Aqüicultura desenhado ao gosto das empresas, à
marge de qualquer critério de sustentabilidade ambiental e frente a um
forte rejeitamento social. Ler
o resto desta entrada »

Comentar esta
nova...

O goberno
galego aproba o Plan de Acuicultura en contra do sentir das asociación
veciñais e colectivos ecoloxistas

Agosto 28th, 2008.
Escrito por
admin en Xeral | 5 comentarios »

Un cento de representantes de
diversos colectivos ecoloxistas e plataformas veciñais manifestáronse
hoxe ante as dependencias do Edificio Administrativo de S. Caetano onde
se celebrou o Consello no que se aprobou o chamado Plan Galego de
Acuicultura.

Pérez Touriño, preocupado pola
oposición ás piscifactorias, responde: “Galicia non se vende” (GZnación)

 O goberno galego continúa a traballar a
prol dos grandes grupos empresariais e contra a opinión da meirande
parte das xentes do país aprobando un plan piscícola que asume, con
tendenciosas maquillaxes, o anteriormente proxectado polo goberno de
Fraga e mesmo aumenta o espazo de costa exterior a destruír en máis de
755.000 m2. A expropiación forzosa porá en mans de unhas
poucas empresas, (Pescanova, Stolt Sea Farm, Isidro de la Cal e poucas
máis) propiedades particulares que Touriño insiste en que serán de
titularidade pública e estarán adxudicadas por concurso público, como
se iso cambiara algo os feitos. Ler
o resto desta entrada »

Comentar esta
nova...

URXENTE:
XOVES 28, ÁS 11:00 DA MAÑÁ EN SAN CAETANO

Agosto 26th, 2008.
Escrito por
Salvemos
Monteferro
en Xeral | 2 comentarios »

 CONVOCATORIA URXENTE

Parece ser que o goberno galego ten
intención de aprobar este xoves 28 de agosto, no seu Consello, o “Plan
Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega,
Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola.

Este proxecto, amplamente rexeitado,
expropia terreos nalgúns dos máis privilexiados e virxes recantos da
costa galega, para poñelos en mans das multinacionais do peixe de
granxa. Unha actividade económica antiecolóxica (fan falla tres quilos
de peixe bravo para producir un quilo de peixe de granxa), de forte
impacto ambiental e pasaxístico e que compite coa actividade pesqueira
artesanal.

A rede de colectivos GALIZA NON
SE VENDE
convoca con urxencia para este xoves, día 28 de
agosto, unha concentración en Compostela. Ás 11:00 da mañá en  San
Caetano. Acude e mostra o teu rexeitamento ás políticas que favorecen
aos grandes grupos empresariais perxudicando ao interese xeral.

XOVES  28,  ÁS
11:00 DA MAÑÁ EN  SAN CAETANO

AS MELLORES
PISCIFACTORÍAS SON AS NOSAS RÍAS

GOBERNE QUEN
GOBERNE GALIZA NON SE VENDE

Comentar esta
nova...

MEDINDO A FELICIDADE

Agosto 21st, 2008.
Escrito por
Ortigueira
sostible
en Xeral | 1
comentario »

 

Onde vivimos importa: Non é só un tópico
nin se pode reducir a slogan dunha Consellería. Á marxe das
circunstancias persoais e da nosa propia capacidade para atopar
felicidade, o benestar depende incuestionablemente da posibilidade de
levar unha vida digna e saudable, e isto é estadísticamente mais
probable nuns lugares que en outros. Dende fai moito se tenta facer
unha distribución xeográfica da felicidade cuantificando o nivel de
benestar dos estados: Ata fai pouco se facía cun único parámetro, o
crecemento económico, que reflectía a riqueza destes e se concretaba
nas cifras do PIB e a renta per cápita. Actualmente este indicador está
sendo moi cuestionado porque non expresa moitas das variables das que
depende o nivel de satisfaccións dos cidadáns. De feito, o PIB pode
aumentar, e nomeadamente o fai, en situacións de guerras e catástrofes
naturais, e pode tamén ser moi elevado en estados onde non se respectan
os dereitos civís ou onde existen diferencias económicas extremas.
Ademais, as cifras do PIB se nutren de actividades económicas positivas
tanto como da industria armamentísta e outras de moi dubidoso beneficio
social.

Ler
o resto desta entrada »

Comentar esta
nova...

Testing O
Courel: grande festa da biodiversidade no 6 de setembro

Agosto 19th, 2008.
Escrito por
admin en Xeral | 1 comentario »

Verdegaia, o colectivo S.O.S.
Courel e Insectarium Virtual organizan o 6 de setembro unha Xornada
Fotográfica Testing no Courel.

Unha xornada de testing consiste en
agrupar a un grande número de persoas para que nunha zona establecida
tomen o maior número de fotos dixitais. Durante todo o traxecto vanse
facendo fotos da flora e a fauna invertebrada (conforman o 80% da
biodiversidade). Posteriormente, un grupo formado por máis de 100
expertos categoriza a información, clasifícaa e catalógaa. Mediante
esta acción os colectivos organizadores queren reivindicar a protección
efectiva dunha das zonas con maior biodiversidade de Europa, gravemente
ameazada polo desleixo da administración e a voracidade das empresas
mineiras. Ler o resto desta
entrada »

Comentar esta
nova...

Contestación
ás declaracións de Jacinto Parga, presidente de Portos de Galiza
repecto aos ecoloxistas: “hay que cambiar la cultura folclórica de la
reivindicación sin argumentos”

Agosto 17th, 2008.
Escrito por
Bouzas móvete en Xeral | 1 comentario »

RECHEIOS NOM

 

 

 

O colectivo de veciños e veciñas
Bouzas-móvete fixo 50 alegacións ao Plano Director de Instalacións
Nautico Deportivas, tamén se fixeron alegacións desde outros colectivos
ambientalistas e sociais da Ría de Vigo, desde outras zonas do litoral
galego e desde a rede “Galiza Non Se Vende”

Todas estas alegacións son muitísimos
argumentos en contra do Plano Director que pretende ceder o litoral
galego aos intereses especulativos dos grandes grupos económicos e
especulativos.

 Resulta coherente que utilice a palabra
folclórica de xeito despectivo, unha persoa que pretende destruir a
identidade colectiva das vilas mariñeiras, o noso patrimonio marítimo e
a nosa paisaxe formigonando o litoral. Ler o resto desta
entrada »

Comentar esta
nova...

A RÍA NON SE
VENDE DENUNCIA AO PORTO POR VERTIDOS

Agosto 16th, 2008.
Escrito por
Bouzas móvete en Denuncia | Sen comentarios »

A rede de colectivos A Ría Non
Se Vende vimos de denunciar diante do Xulgado de guarda:

1- que o Porto de Vigo
estivo, até agora, vertendo impunemente ao mar as aguas residuais que
se xeneran nos peiraos do Berbés porque carecen de conexión coa rede
xeral.

Agora din que van fazer esa
conexión coa rede e envialas até a estación depuradora do lagares para
o seu tratamento. O que dito de outro modo é botarlas no medio da ría
que se nota menos, xa que esta depuradora verte á Ría cada segundo 900
litros de agua sen tratar. O seu funcionamento é un desastre e a
macrodepuradora que pensan construir no mesmo sitio tampouco vai
funcionar porque non está proxectado realizar separación das aguas
residuais, das pluviais e das industriais. Ao non separar os tres tipos
de aguas os vertidos industriais impedirian que se realice o tratamento
dos residuos e cando chovera muito saturaríase polas pluviais. Ler o resto desta
entrada »

Comentar esta
nova...

Un río que agoniza

Agosto 16th, 2008.
Escrito por
Fusquenlla en Xeral | Sen
comentarios »

Unha nova concentración tivo lugar o
pasado sábado, 9 de agosto, en Ombre (Pontedeume) pola Sociedade de
Pescadores de Caaveiro. A negativa da Consellería de Medio Ambiente ás
demandas de peche do couto efectuadas polos pescadores e a súa
inoperancia ante os graves problemas de contaminación que aqueixan ao
Eume, que están a provocar a morte de numerosos reos, atópanse na orixe
desta protesta. Ler o resto desta
entrada »

Comentar esta
nova...

Incendio dun
depósito de gas en Toronto

Agosto 13th, 2008.
Escrito por
Fusquenlla en Xeral | 2 comentarios »

Unha nova que non nos queda lonxe se
pensamos na planta de gas que Reganosa instalou na ría de Ferrol e
cunha capacidade moi superior á de Toronto. Por causas que aínda se
descoñecen tivo lugar unha explosión nuns depósitos de propano
instalados nun barrio da cidade de Toronto. Ata o momento sábese que
houbo un morto e que forton desaloxados 12500 residentes na área
afectada. Ler o resto desta
entrada »

Comentar esta
nova...

O porto
vigués proxecta verter xunto a Sálvora 150.000 toneladas de lodo
contaminado

Agosto 12th, 2008.
Escrito por
Salvemos
Monteferro
en Litoral | Sen comentarios »

42º24 min.30 seg.N  9º02 min.30 seg.W

O Parque Nacional das Illas
Atlánticas, entre as illas de Ons e Sálvora, é o lugar escollido pola
Autoridade Portuaria de Vigo para verter 148.000 toneladas de lodos
contaminados procedentes da zona do Berbés, que se dragará para gañar
calado.

As dársenas pesqueiras do Berbés son o
lugar onde se vertían, ata hai dez anos, cando se estreou a inoperante
depuradora do Lagares, todas as augas residuais da cidade e o sitio
onde seguen desaugando hoxe todas as empresas instaladas no porto, que
aínda, en 2008, carece de conexión coa rede de saneamento. Metais
pesados, clorobifenilos, e hidrocarburos completan a mestura
contaminante da zona, como revelan diversos estudos sobre a
contaminación da ría, que coinciden en considerar este punto como o
máis contaminado.

O porto, en cambio, cualificou o
material de dragado como Categoría II, de acordo coa clasificación
realizada polo Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas
(CEDEX), o que permite vertelo ao mar sen tratamento previo ningún. Ler o resto desta
entrada »

Comentar esta
nova...

O Festival
de Poesía do Condado tampouco se vende

Agosto 5th, 2008.
Escrito por
admin en Xeral | Sen comentarios »

Dedica a súa 22ª
edición a ‘Galiza non se vende’, unindo de novo poesía e música,
proxeccións audiovisuais, recitais e concertos.

O Festival de Poesía
do Condado leva máis de dúas décadas disparándolle versos ao ceo,
falando da terra, ano a ano dedicando cada unha das súas edicións a
afondar nun asunto de actualidade, apoiando “as batallas en favor dos
intereses populares e veciñais”. No 2008 a loita é ‘Galiza non se
vende
‘, a agrupación de colectivos sociais e veciñais organizados
para a defensa do medio natural e dos intereses da xente fronte aos
abusos das grandes empresas e da administración. Algúns dos colectivos
que conforman a asociación participarán o sábado 6 nunha mesa redonda,
que se celebrará ao mediodía. Ler
o resto desta entrada »