Propiedades
Constitúe unha das especies más diuréticas de todas as prantas. É decir, que posee unha gran capacidade para eliminar auga do corpo, ata o extremo que pode chegar a aumentar a orina nun 30% máis do que é habitual. Mais ó contrario de outros diuréticos, sobre todo químicos, non produce a perda de sales mineráis, sinon que produce un efecto remineralizante, contribuíndo ó mantemento do coláxeno, fundamental na formación de osos e tendóns.
Ten abundantes sales mineráis (magnesio, silicio, sílice, selenio, calcio, ferro, manganeso, fósforo, potasio, aluminio, cinc, cromo, cobalto), vitamina C, niacina, ...
Todo elo fai que esta pranta véñase empregando tradicionalmente en enfermidades relacionadas cos problemas de retención de líquidos. Neste senso pódese considerar a cola de cabalo como un dos mellores depurativos que se pode empregar para o tratamento de: obesidade asociada a retención de líquidos, exceso de ácido úrico, enfermedades reumáticas (como artritis ou gota), enfermidades do aparato urinario ( calculos renáis, cistitis, problemas de próstata,...) Tamén se emprega como remedio para os osos, recomendándose cando se precise reparar tecidos óseos que se atopen en mal estado, derivado de algunha fractura, operación, ou pola propia descalcificación corporal (osteoporosis). O sílice presente nesta pranta axuda a fixa-lo calcio, polo que o corpo pode almacenar máis cantidade deste mineral e consigue formar osos e tendóns en mellor estado; polo que é interesante empregar esta pranta cando se producira unha fractura en algún oso ou ligamento , o nas distensións destes últimos (esguinces). Tamén para cabelos e unllas fráxiles e quebradizos, así como para situacións de sangrados excesivos , como acontece nas reglas demasiado abundantes (metrorraxia) e sangrados frecuentes de nariz.
Para estas afeccións realizárase unha decocción da pranta na proporción de 100 g de pranta seca (dispoñible na cooperativa a través da marca alicantina Herbes del Molí, que ofrece a variedade de maiores propiedades medicináis , baixo os criterios da agricultura ecolóxica), nun litro de agua fervente, posteriormente a lume baixo por 30 minutos.Tomar dúas tazas ó día. Tamén se pode preparar en infusión, con un efecto máis suave, botando dúas culleriñas de pranta seca por taza e deixando ferver a lume baixo durante 5 minutos. Antes de tomar, deixar reposar 15 minutos.
Hai outras aplicacións: para evitar as hemorraxias nasáis ( introducir algodón mollado no líquido da decocción) , aliviar as hemorroides, inflamacións ou infeccións da vulva e da vaxina (para elo realizaranse lavados externos ca decoccion de 60 gr de pranta seca por litro de auga), Tamén se emprega externamente no caso de conxutivitis, dermatitis, farinxitis, llagas na boca,
Merece especial mención o uso como insecticida natural , que en agricultura ecolóxica se emprega como remedio para combatir as pragas e fungos das verduras e árbores frutáis, para elo sulfataremos con unha decocción de 100 gr de pranta por litro de auga.. O seu poder para eliminar os parásitos o previlos medra si se combina ó 50% co purín de ortigas (para realizar o purín de ortigas deixaremos reposar uns 200 g de ortigas nun litro de auga durante 4 días. Tomaremos parte do líquido resultante e lle añadiremos un 80 ou 90 % máis do seu peso en auga.
Contraindicacións
Prohibido durante o embarazo e lactancia.Deben ter vixiancia a xente con hipertensión, xa que lla pode descompesar.