Cuidar la T(t)ierra

Jorge Riechmann

Cultivar, criar gando, pescar, comerciar con alimentos ou comer son actividades cun alto contido ético e político: asuntos que non poden obviar os cidadáns e cidadás responsables do século XXI. Riechmann aborda neste libro a cuestión de como conceber un modelo agroalimentario sustentable para as próximas décadas.

Nestes últimos anos, fómosnos facendo cada vez máis conscientes sobre estes temas -a miúdo a golpe de catástrofes como as "vacas tolas", de preocupantes procesos como a destrución do chan fértil e a perda da biodiversidade, ou de grandes debates como os que suscitan os produtos transgénicos.

Ao final no capítulo 14 lemos: "O actual sistema de agricultura industrial -que a escala mundial prevalece fronte á agricultura campesiña, e preséntase a si mesmo como perfección de progreso- é un disparate en términos sociais, ecolóxicos, económicos e éticos. Constitúe, en canto tal, unha parte altamente representativa do todo aínda máis disparatado que constitúa a actual sociedade industrial, dentro da cal sitúase. É hora de cambiar de rumbo. Este libro querería contribuír a mostrar en que dirección." (Icaria)

 

proxecto fiare galiza