O cuscús é sémola de trigo duro, mesturada e traballada con harina e tamizada varias veces en forma de grans.
O tamaño final do gran pode ser: fino, medio ou groso e á súa vez pode ser refinado ou integral. Os grans son de cor dourada pálido, consistencia granulosa e cremosa e o seu sabor recorda ligeramente ao da noz.
Tamén existe cuscús doutros cereais, aínda que o máis utilizado é o de trigo.
Combina moi ben con todo tipo de alimentos (verduras, legumbres, tofu, seitán, queixo, herbas frescas e especias), de modo que soluciona unha comida rápida e nutritiva, á vez que nos posibilita aproveitar sobras do día anterior.
Pode comerse frío (en ensalada) ou quente, como primeiro prato ou prato único. É así mesmo un bo acompañamiento ou guarnición de segundos pratos e ata pode ser empregado como ingrediente de distintas sobremesas.
Propiedades nutritivas
Respecto do seu valor nutritivo destaca o seu elevado aporte de hidratos de carbono e fibra (especialmente na variedade integral) e baixo de graxas. Contén aproximadamente 12 gramos de proteínas por cada 100 gramos de produto. En canto ao seu aporte de vitaminas e minerales destacan as do grupo B e a vitamina E, o magnesio, o cinc, o selenio e o ferro (de peor absorción que o procedente de alimentos de orixe animal).
Unha forma de preparar o cuscús...
Para preparar o cuscús de forma rápida necesítase unha olla máis ben baixa con tapa de pechadura hermético e un recipiente para elaborar caldo. O caldo pode ser auga salgada, vegetal ou con especias.
A proporción adecuada de líquido no cuscús é unha medida de cuscús (70 gramos a ración) por dúas medidas de caldo (200 mililitros)