Doce mitos sobre el hambre

F.Moore Lappé, J.Collins, P.Rosset con L.Esparza

Edición totalmente revisada e actualizada dun dos libros máis completos sobre o fame no mundo. Os seus autores, tres dos máis destacados expertos internacionais en alimentación e agricultura, analizan minuciosamente os mitos que impiden afrontar debidamente esa problemática.

Baseándose nas detalladas investigacións realizadas polo Institut for Food and Development Policy (Food First), Lappé, Collins e Rosset estudan en profundidade as políticas que impediron e seguen impedindo que a xente poida alimentarse a si mesma en todo o mundo, tanto nos países do sur como nos do norte.

Ao mesmo tempo, analizan os criterios erróneos que durante anos influíron negativamente sobre os nosos propios intereses nacionais, sociais e humanitarios. Escrito nun estilo sinxelo e accesible, este libro contribúe a desmontar mitos tidos como irrebatibles e, o máis importante, convence aos lectores de que poñerse ao lado dos famentos non só é un xesto humanitario senón un modo de contribuír ao benestar de toda a especie humana. (Icaria)

 

proxecto fiare galiza