Federica Carraro, Rodrigo Fernández i José Verdú
Este estudo, realizado por Sodepaz, realiza unha investigación en profundidade da situación actual do movemento de comercio xusto no estado español e pon de relevo algunhas das problemáticas que ata agora non foran abordadas e as diferentes visións e discursos existentes entre os actores que traballan neste ámbito.
Os numerosos datos e a información recolleitas a partir de entrevistas a organizacións de comercio xusto, expertos na materia e enquisas a consumidores cuestionan o suposto estado de bonanza en que se atopa o comercio xusto e a súa posible orientación futura. A falta de cooperación e comunicación entre as entidades do sector, a desinformación dos consumidores ou o alto grado de concentración de determinadas actividades da cadea comercial en poucas organizacións son só algúns dos aspectos detectados no informe.
No entanto, o estudo evita quedarse só na crítica e propón alternativas e lineas de actuación para evitar o declive, aportando elementos a ter en conta para o replanteamiento e fortalecimiento deste movemento.