Inofrmación sobre os protectores solares ecolóxicos

Os protectores solares ecolóxicos distínguense dos seus irmáns convencionais da mesma xeito que toda a cosmética: só conteñen ingredientes vexetais e minerales e non de orixe petrolífero, non levan colorantes, conservantes ou perfumes sintéticos, só naturais.

Neste concepto atópase a orixe da problemática dunha recomendación da Unión Europea (2006/647/CE) que afecta os fabricantes de protectores ecolóxicos. A recomendación pide que as cremas solares teñan un factor de protección contra os raios UVA de polo menos 1/3 do factor de protección contra os raios UVB.

Como no embalajxe figura o factor UVB, unha crema de 30 debe de ter un factor de protección de 30 UVB e 10 UVA. Cunha protección mineral (dióxido de titanio, óxido de zinc) utilizada polos fabricantes de cosmética ecolóxica, é moi difícil conseguir o factor de 1/3 e só uns poucos o conseguiron ata agora.

Entre eles, os protectores solares que vendemos na cooperativa, no factor 30. Por iso hai fabricantes importantes (Weleda, Santaverde e Urtekrahm) que non ofrecen protectores este ano ou que baixaron o factor de protección declarado nas súas embalaxes para cumprir coa recomendación (Lavera).

Ao tratarse dunha recomendación (sen obrigación de momento), algúns fabricantes (Santé) tamén seguen vendendo a súa gama habitual facendo fincapé no feito de que se trata de protectores eficaces e seguros que cumpren co estándar australiano que, ata agora, era a referencia no mercado.

Ademais, é importante saber que a protección mineral ten moitas vantaxes pola saúde e o medioambiente: é eficaz enseguida, porque actúa como un espello reflectindo a luz do sol e non interactúa de forma hormonal coa pel como os filtros sintéticos. Así conleva menos riscos alérxicos e menos impactos potenciais sobre a saúde e o medio ambiente, factores importantes na decisión de compra dos consumidores.

 

proxecto fiare galiza