O día dos idiotas !!

<< O 10 de setembro de 1831 foi fundada por lei a Bolsa de Madrid. Hoxe, sufriu a maior caída da súa historia (9,14%). A bolsa madrileña perdeu 120.000 millóns de euros na última semana, e no último ano o 40% do seu valor.
Wall Street completa tamén a peor semana da súa historia perdendo máis do 17 % do seu valor.
O barril de petróleo valía en xullo 146 dólares, hoxe vale 76,49.
O reloxo que en NY marca a débeda dos Estados Unidos quedou incapacitado ao carecer dunha catorceava cifra que puidera abarcar o descomunal pasivo do país máis poderoso da terra.>>

El mundo é un gran clamor con un único titular, o sistema financeiro desplómase...
... pero...
E a min que?

A miña nai sempre me dixera que as cousas dos economistas non tiñan moita importancia sobre a miña vida diaria. E mentres os mercados nos que invisten os que teñen, marcan mínimos de ganancias nos seguimos indo de tapas, pagando as facturas e confiando en que non sexa o “noso” banco o vindeiro con problemas.

Este mes de outubro pasará a historia por ser un mes “negro” para ao sistema financeiro?
O certo e que non é difícil de saber a quen convén a situación actual, pero o que é seguro é que quedará aterrado para sempre o medio billón de euros que as administracións públicas norteamericanas colleron do peto dos contribuíntes e meteron nas carteiras dos executivos de wall street para sempre. Un saqueo das arcas públicas baixo luz e taquígrafos. O ladrón non precisaba pasar desapercibido xa que “a situación era completamente extraordinaria”, a intervención estatal era “imprescindible”. O estado de Shock do sistema financeiro requería medidas atípicas... aínda que fora un “coletazo comunista” que regalara aos que tradicionalmente se fixeron ricos, diñeiro para reparar o roto que eles mesmos produciron. Mentas, o cidadán asiste atónito a autodopaxe do sistema financeiro nun estado de confusión xeral convintemente alimentado desde os “mass media”.

A estratexia neoliberal fixo dun problema unha oportunidade. Unha oportunidade para desmantelar pola vía de urxencia o corazón do estado. A medida, lonxe de ser un mecanismo intervencionista ao máis puro estilo de Stalin ou Mussolini, é unha ferramenta do capital para liquidar os diñeiros dos contribuíntes, aportando unha oportunidade sen precedentes para poder dicir despois que arcas públicas están valeiras para ocuparse dos problemas que ten a xente corrente. Non so dos 40 millóns de pobres que viven en EEUU se non tamén dos 1.000 millóns de persoas que pasan fame no mundo.  

Os cartos que a administración demócrata podería ter destinado a mellorar o sistema público de saúde estadounidense ou incluso seguindo a súa propia política belicista a invasión de Irán ou Corea do Norte foi parar aos petos das empresas americanas que viviron na opulencia nos pasados 30 anos, amparados baixo o paraugas dunha regulación laxa ou inexistente, seguindo o dogmático camiño do neoliberalismo máis recalcitrante. Merece unha profunda reflexión o feito de priorizar o sistema financeiro por enriba das empresas favoritas e tradicionalmente beneficiarias das gracias da administración americana. Ou!... será que todos son os mesmos?

A estratexia de fondo consiste en alonxar do poder democrático a cousa económica. Non so é cuestión de que o público se poida ou non meter nos asuntos do mercado, senón que consiste en delegar ou neste caso, donar, o poder de control sobre as forzas dos mercados a aqueles que o van manter con toda seguridade alonxado do poder de decisión da cidadanía. E todo isto claro, sen preguntarlle a cidadanía.

Non debemos atribuír a forzas azarosas a actual situación de incapacidade para afectar aos mercados dos ministros de economía, gobernos ou bancos centrais. A estratexia de construción orgánica do poder económico paralelo ao poder político, coa súa propia arquitectura e obxectivos constitúe un dos grandes espolios dos últimos trinta anos e é o pilar central da estratexia neoliberal inaugurada pola escola económica da universidade de Chicago un 11 de setembro de 1973. O sistema financeiro non é máis que o brazo armado do dogma capitalista de Adam Smith, mentres, o cidadán de a pe padece de encefalograma plano. É un momento que semella oportuno para declarar o dez de outubro de 2008 o día mundial dos idiotas.

Os idiotas por suposto somos todos nos... incluída a miña nai.

 

proxecto fiare galiza