O seitán: A proteína vexetal

Seitán
Orixinario do Xapón, este produto é un dos que merecen máis o cualificativo de "carne vexetal", non só polo seu alto contido en proteínas, senón pola súa cor e textura. O seitán é a proteína do trigo: o glute (que se atopa no embrión ou xerme do gran de trigo e é o seu parte máis vital de onde nacerá a nova vida).

 

Información nutricional do seitán (por 100 g.): 24% de Proteínas; 2% de Graxas; 2% de H. Carbono; 125/530 Kcal./kj.

 

O seitán é ideal para os nenos en época de crecemento xa que o seu organismo ten unha gran demanda de proteínas que son as que axudan a "construír" o seu cambiante organismo. Tamén é moi adecuado para as persoas maiores ou con problemas dixestivos.