A política como fin nos movementos socias

Hoxe en día a política xa non é un meio para lograr un fin (unha sociedade máis humana, sostible, bla, bla, bla), senón un fin en sí mesmo, en políticas xenéricas (desenrolo sostible??, reparto da riqueza, bla, bla, bla) ou específicas do que me move ou move o meu veciño (comercio xusto, transxenicos, bla, bla, bla).

Facemos política porque nos movementos sociais está culturalizado facer política, sentimonos cómodos e integrados nun entorno que admite esa faceta tan humana de nós, supostamente loitar para conseguir cousas, pero en realidade podese reducir en loitar (ou parecer que loitas) porque é o que nós gusta facer.
Por unha banda gustanós reivindicar e por outra banda, no noso contorno social somos ben recibidos, apoiados e valorados.

Facemos o correcto nos canones dos movementos socias: temos ou creemos ter ou parecemos ter sensibilidade social, ambiental, profundo valores éticos e unha visión moi diferente do mundo que nós gustaría vivir. Situamos a mega-estructura malefica alonxada de nós, coma que non fora noso asunto o que está a suceder na sociedade. Somos axentes case divinos, mirando de reollo os desfalcos terrícolas que nós dan ises capitalistas, os que manexan os fíos, os culpables de todo.

Ataquemos a isa mega-estructura externa que nos fai este putadón tan grande de desafeccion social, individualismo, consumismo, insostibilidade, desigualdade, etc. Enchemos a boca con palabras coma globalización, neoliberlismo, capitalismo, soberanía alimentar, transxénicos, etc.
Todo iso é susceptible de ser guay, é moi reconfortante ser guay, é demasiado bo para non querelo. Pero eiquí non queda a cousa, ao identificarnós co noso movemento social de turno chegamos a aplicar un corporativismo que nada ten que ver coa unión necesaria para derrotar a esa mega-estructura.

A reflexión política pero sobor de todo o corporativismo ideolóxico, fainós por unha parte crear güetos de pureza ideolóxica, os mellores, os máis guays ata o extremo contrario, organizacións super-flexibles, máis "pragmáticas" e cercanas ao "progre medio". De blanco a negro, escala de grises abundantes e namentres todos desunidos coma principal éxito da propia mega-estrucutra. Moitas cores, pero un patrón xenérico para todos nós: a integración na mega-estrucutra. Somos parte dela, asumamolo. O sistema somos nós, e aínda que o impacto individual poida ser infinitesimal, non deixamos de ser a realidade dunha suma. Vale, unha suma infiniata pero cada un de nós é un sumando, por pequeno que sexa.

É sendo conscientes dilo deberíamos neste punto ser auto-críticos.
Auto-críticos porqué só somos coherentes coas partes do discurso máis cómodas de adaptar a nosa vida na mega-estrucutra.
Comezamos a xustificarnós cando non somos coherentes, procuramos de auto-eganos e excusas para non incorrer no delito supremo, ser incoherentes.
Ou como facemos moitos agora, que estache mogollón de moda, recoñecemos a incoherencia pola gran dificultade que supón te-la porque bla, bla, bla.
Ou hai outras vertentes de tinte ultra-masoquista, a xente de boa vontade que non quere ser incoherente pero leva a súa vida a unha especie de fustigación diaria insoportable.

Inevitablemente, a política non só é dialectica, a política é vida, é un día tras outro. Así construese política. E ista política diaria de cada un de nós é indisoluble coa política dialéctica, a que tanto nos gusta nos movementos sociais.
Teñen que ir das mans. Que a política dialéctica teña maior capacidade de cambio porque esta cercana o poder non implica que sexa a solución en sí mesma, sen o apoio da nosa política diaria. É indisoluble. A ecuación ten dúas incógnitas e hai que resolvelas dúas. Se queremos cambialo mundo debemos comezar por nós mesmos, dende a nosa liberdade sendo coherentes e priorizar acorde as nosas creencias.
Entón eiquí, a hora de facer política no día a día establecemos prioridades. A clave da política chamase prioridade.

Recordao a partir de ágora, prioridade, prioridade, prioridade, prioridade, prioridade, prioridade, prioridade, prioridade, prioridade.

Pero prioridade dende unha reflexión interna e sincera, de forma libre, porque sinto que debe ser así. Senón o fago dende a liberdade non o estou a facer ben. É sinxelo, consiste en creerse o que digo, sen excusas, porque realmente unha excusa é un posicionamento nas prioridades. Os cartos, a comodidade, viaxar, en definitiva os iconos da mega-estrucutra. Sintoo amolarte, pero é así.
Non teñamos medo a decilo. A coherencia debe ser personal, non unha mercadoría coa que mostrar a miña valía moral, ou unha pantalla de cara os demáis.

Falarei de mín, que son egocentrico, pero non é a miña culpa, é a sociedade:

Reciclo moitas veces pero as veces tiro o plastico no contenedor de lixo, dame vagancia cruzar e as veces chove.

Merquei un coche e así agora vou a onde quero e cando quero, a verdade e que suelo ir só pero dame moita liberdade.

Vueling dame a oprtunidade de coñecer moitos lugares de Europa e España, e é tan barato, non podo resistirme. É verdade, ida e volta a Barcelona por 58 € a última vez. Só tardei 4 horas en vez de 14 horas do tren e aforrei case 100 €.

Gustame viaxar, canto máis lonxe mellor. Coñezo outras culturas e teño batallitas guays que contar os colegas. Fagoo tamén porqué todo o mundo quere facelo
e non sei, en certa medida teño que facelo, e coma un cosquilleo vital, meu soño televisado. Os mil euros da última viaxe mereceron a pena. Non llo contedes a ninguén pero con eses mil euros comería un ano productos ecolóxicos e de comercio xusto. A verdade é que foi mellor a viaxe.

Cando merco eco sintome estafado, son tan caros, se foran algo máis baratos...o prezo é complicado, pero a verdade e que na máquina de tabaco nin relfexiono ao meter os cartos.

Agora co do viaxe, non como case ecolóxico porqué non teño pasta pero o finde estou canso e pido ao Telepizza ou a chino, que ademáis paganlle guay aos traballadores.

Isto é moi personal, pero cando teño que facer unha compra importante vou ao Carrefour ou Alcampo. No pequeno comercio sintoo de verdade que me están a estafar. ¿Non vós pasa? A mín sí, sintoo por eles pero é superior a mín.

Cando merco roupa sei que en Springfield, Zara, H & M e Pull & Bear teño o que necesito a un prezo razonable. Iso non quita que teña algunha camiseta de comercio xusto.

Na casa só teño café de comercio xusto, realmente creo que a diferenza merece a pena. Non é moita e apoio aos agricultores do Sur. A realidade e que algo moi sinxelo de cumprir que non me doe a carteira e dame mogollón de coherncia. Non desboto a oportunidade de cando invito a algun a casa deixarlle moi claro que é café de comercio xusto.

¿Sonache de algo?
Eu con todas estas vergoñas contadas só quero confesarme, romper co pasado e poder acercar a miña política diaria a miña política dialéctica.
En plata, pensar dunha maneira e actuar en consecuencia. Ise é o camiño.

Pois veña, eu comprometome a priorizar, ¿e tí?

 

proxecto fiare galiza