Visita a labrega Agatha, o sábado día 4 de xullo

Ola a todas, dende Árbore estamos a argallar unha visita a horta de Agatha, labrega e fundadora da cooperativa.

Será o día 4 de xullo, sábado durante toda a maña.

Se te animas, anotate antes do xoves 2 de xullo, no correio xavirro@arbore.org

A visita farase cun mínimo de oito socias e un máximo de quince.

 ¿Qué necesitas?

Roupa cómoda.

Comida vexetariana para compartir cas demáis socias da cooperativa.

Unhas luvas para unha sesión práctica de horta.

Moitas gañas de pasalo ben.

Dende Árbore levaremos viño, café e unhas empanadillas de entrantes.

¿Canto custa?

De comezo, auto-xestionamos entre todas os gastos, é dicir, o gasoil.

Se tes carro e podes levalo, avisa cando te anotes. Daremosche 15 € para os gastos.

Planinig:

10.30   Saída dende a cooperativa, destino Pexegueiro (Tui)
11.15   Chegada a horta de Agatha
11.30   Comezo da visita
13.30   Remate da visita
14.00   Xantar arboreano e café.
15.45   Volta para Vigo

E nada máis, animadevós, que o imos a pasar moi ben.

Unha aperta