Coop57 presenta a súa candidatura aos premios de Valores Cooperativos 2011

 Co presente informe preténdese dar a coñecer o labor de Coop57GZ desde o seus comezos no ano 2009, estudando ademais as súas boas perspectivas de futuro tanto a medio como a longo prazo,  convertíndose nun referente de intercooperación e da posta en práctica dos valores cooperativos na economía social galega.   

Asamblea Constituinte Coop57 Galicia
Asemblea constituínte Coop57GZ. Maio 2009

Unha economía solidaria para unha sociedade máis xusta:

“Somos unha organización financeira alternativa á banca tradicional sobre os principios de democracia, cooperativismo e responsabilidade social no ámbito xeográfico galego”

ORIXES

    COOP57 iniciou a súa actividade en Catalunya a partir da loita dos traballadores/as da Editorial Bruguera para manter os seus postos de traballo. Cando a editorial pechou definitivamente, un grupo de antiguos traballadores creou un fondo con parte das indemnizacións que recibiron polo seu despido, para promover proxectos económicos que perseguisen a creación de lugares de traballo de calidade, especialmente aplicando modelos cooperativos.

    En 1996 con este fondo creouse COOP57, baixo a fórmula xurídica de cooperativa de servizos financeiros. Nun inicio, o seu desenvolvemento estivo moi vinculado co cooperativismo de traballo asociado, pero progresivamente foi ampliando a súa base social a outros tipos de entidades da economía social e solidaria. Paralelamente, tamén foi a medrar a súa base de socios e socias colaboradores.

    A partir de 2005 COOP57 puxo en práctica un crecemento en rede a raíz do interese que suscitado noutros territorios. Aquel ano, unha rede de entidades de economía social e solidaria de Aragón e COOP57, conxuntamente, decidiron compartir o proyecto. A idea foi aproveitar o modelo, a estructura xurídica e maila estructura técnica de COOP57, pero aplicando un modelo que permitise que cada territorio se autoxestionase. E así xurdiu COOP57 Aragón.

    Dacordo con estes principios, posteriormente se constitúen COOP57 Madrid (2006), COOP57 Andalucía (2008) e COOP57 Galiza (2009). En todos estes casos, a clave do éxito na constitución dunha sección territorial de COOP57 foi a existencia dunha rede de economía social e solidaria no propio territorio capaz de xestionala.

    En concreto en Galicia Coop57 constitúese en maio de 2009, logo de meses de traballo de estudo e reflexión sobre a oportunidade de creación dunha nova entidade de financiamento ético e solidario no noso territorio, conformándose así un Grupo Promotor de dezaseis entidades nomeadamente pertencentes ao ámbito cooperativo e asociativo  de   traballo  e   consumo  responsable da  economía   social  galega que constituiron esta cooperativa de servizos financeiros baixo a denominación de Coop57 Galicia.

    A 30 de abril de 2011 xa somos vinte organizacións da economía solidaria e setenta e dúas persoas aforradoras en Galicia. Desde a súa constitución a sección galega ten recollido aforro da cidadanía por importe de noventa mil euros e ten realizado un total de dez operacións de préstamo coas súas entidades socias por valor de douscentos mil euros, grazas ao principio de cooperación interterritorial.

    A nivel estatal  remata 2010  con máis de trescentas organizacións de economía solidaria e máis de mil persoas aforradoras. Estas últimas teñen achegado un total de oito millóns de euros dos que están concedidos en préstamos un total de 5,5 millóns. Coop57 ten realizado na súa traxectoria máis de cincocentas  operacións de préstamo das que cento cincuenta corresponden ao ano 2010:

QUEN SOMOS

    Dentro do ámbito das organizacións de finanzas éticas de base democrática, Coop57 Galicia  é unha cooperativa de servizos que promove e recolle o aforro responsable entre a cidadanía e o tecido asociativo, para a concesión de préstamos ás súas entidades socias, que se caracterizan por se inseriren no ámbito da economía solidaria, e que promovan a ocupación, o asociacionismo e a solidariedade en xeral, fomentando a sustentabilidade sobre os alicerces de principios éticos e solidarios.

    En Coop57 Galicia  invístese en proxectos cun alto contido social, evitando o paradoxo de estar defendendo principios, causas e valores éticos e solidarios mentres o noso diñeiro poidese estar financiando todo o contrario. É, por tanto, unha proposta que busca superar as insuficiencias éticas do mercado financeiro actual, sen fomentar a rendibilidade económica, soamente ser sostible no tempo. E por esta razón non existe a presión por imputar dubidosas comisións para chegar a superrendibilidade.

    Pero ademais  en Coop57 Galicia podemos  decidir  e  decidimos onde vai o noso diñeiro, xa que as persoas e entidades que depositan aforros en Coop57GZ participan na determinación dos principios e criterios de inversión e na xestión dos recursos, xestión que  segue os principios de transparencia e democracia.

    É unha entidade autoxestionada pola súa base social, composta por:

Socias de servizos: Entidades de economía solidaria (principalmente cooperativas, asociacións e fundacións) que realizan unha actividade económica de forma autónoma e sobre a base de criterios de democracia económica, compartindo os principios de finanzas éticas e solidarias de Coop57 Galicia. Soamente as socias de servizos son beneficiarias dos préstamos e produtos financeiros de Coop57 Galicia.

Socias colaboradoras: Persoas físicas e entidades que queren que os   seus   aforros   se  destinen  e xestionen dacordo  coas súas inquedanzas éticas e sociais. Participan nas Asembleas e teñen unha representante no Consello Reitor.   

    De tal xeito que os recursos propios de Coop57 Galicia proceden principalmente destes dous tipos de socias.
             

TRABALLANDO EN COOP57GZ

    Dun xeito completamente altruista, as socias de Coop57 Galicia traballamos para:

- Fomentar o aforro solidario e o investimento ético para desenvolver os proxectos da economía social.

- Decidir o destino dos nosos aforros financiando proxectos da economía social.

- Facer compatibles o rendemento social e a viabilidade económica.

- Recuperar o control dos nosos aforros: Tanto as socias de servizos como as socias colaboradoras deciden en asemblea as políticas a seguir así como as liñas de financiamento.

- Dar absoluta  transparencia  nos  préstamos concedidos e nos investimentos.

- Ter información pública e accesible de toda a actividade.

FINALIDADE DE COOP57GZ

Podemos basear a súa finalidade en catro grandes pilares básicos:

- Ter un mecanismo coherente entre a defensa cotiá de principios éticos e solidarios e o destino que se lle dá a unha parte dos cartos.

- Tecer unha rede entre as entidades de economía social que se asocian á cooperativa, coñecéndose directamente, ao tempo que se constituirán  á vez en aforradoras e solicitantes de financiación.

- Promocionar  una fórmula  ética, solidaria e  autoxestionada de financiamento.

-  Ofrecer unha alternativa á banca tradicional: Fronte ao clásico “ou é así ou non vai funcionar a economía” dicir que non soamente é posible senón que se está a facer diariamente, con imaxinación, boas prácticas e con saber compartido e experimentado durante anos.

PRINCIPIOS

En Coop57 Galicia os  principios da economía solidaria  xunto cos principios  das  finanzas éticas  son  fundamentales  no soamente para o seu funcionamento interno senón tamén para dar a entrada a socias.
Deste xeito cúmprense escrupulosamente os seguintes principios:

Principio de COHERENCIA: Investindo en proxectos que non contradigan os nosos principios éticos e sociais. Evitamos por tanto a contradicción de que os nosos cartos poidan estar financiando proxectos contradictorios cos nosos principios éticos e sociais (como por exemplo a industria armamentística, as centrais nucleares, o dumping social, a explotación infantil, a expoliación ambiental…).

Principio de COMPATIBILIDADE: Coop57 Galicia fai compatible o rendemento social e a viabilidade financeira. Un non pode ir disociado do  outro. Os  criterios  de emprego do diñeiro baséanse en indicadores relativos de risco, pero non de máximo   rendemento para a entidade e as persoas socias en detrimento do rendemento social.

Principio de PARTICIPACIÓN: Fomentamos a responsabilidade dos inversores/as aforradores/as, como cidadás, nas súas operacións financeiras. Facemos  da  participación na política de Coop57 Galicia das socias    de     servizos    e    socias   colaboradoras   unha   seña  de identidade. En definitiva pretendemos recuperar o control dos  nosos aforros e recursos económicos e promover a autoxestión    financeira.

Principio de TRANSPARENCIA: Aplicamos unha absoluta transparencia na xestión da entidade, tanto na concesión dos préstamos como nas inversións. Toda entidade socia e toda socia colaboradora sabe perfectamente para que serven os seus recursos. Garántese a información sobre todos os proxectos financiados, así como as características das operacións.
Dúas veces ao ano editamos un boletín informativo.        

Principio de SOLIDARIEDADE: Tanto as socias de servizos coma as socias colaboradoras sabemos que o noso diñeiro contribúe a constriur unha economía máis humana e solidaria. Ademais podemos manifestar a nosa solidariedade fixando, nós mesmos/as na Asemblea, a taxa de remuneración dos aforros.

Principio de REFLEXIÓN: Reflexionamos continuamente sobre os principio que deben orientar a nosa acción. Entendemos o comportamento ético coma un proceso e repensamos racionalmente os valores que deben orientar a nosa acción, e nos adaptamos aos valores e principios que consideramos xustos e prioritarios.

E ademais tamén seguimos moi de cerca:

Principio de DESENVOLVEMENTO E ARRAIGAMENTO SOCIAL: Promovendo os investimentos e iniciativas de proximidade, enraizadas no territorio, potenciando o coñecemento entre as persoas que invirten e as que empregan os recursos financeiros.

Principio de DEMOCRACIA: A democracia  debe medrar por todas partes e, por suposto alí onde máis proscrita está, como é o sector     da economía. En Coop57 Galicia foméntase a responsabilidade     das     persoas investidoras aforradoras nas súas operacións     financeiras.     A participación nas Asembleas de todas as persoas e     entidades     socias na política  de Coop57 Galicia é indispensable.
     

SERVIZOS DE COOP57GZ

    As características que deben cumprir os proxectos que se financian son o interese social e a viabilidade técnica e económica.

    As solicitudes de préstamos son analizadas pola Comisión Técnica que elabora un informe, que pode ser favorable ou non, para o estudo do Consello Reitor, que é que ten a última palabra.

    E deste xeito fináncianse:

Proxectos que non poden atopar financiación nas entidades financeiras convencionais.

Proxectos que, aínda podendo ir á banca tradicional, elixen un proxecto autoxestionado no que as mesmas persoas que depositan os fondos deciden onde van parar os mesmos.

    Máis concretamente financiamos:

  • Préstamos a medio e longo prazo para financiar proxectos ou inversións en inmovilizado.
  • Anticipos de subvencións.
  • Circulante: Produtos de financiación de circulante orientados a facilitar operacións a curto prazo, como p.e. desconto papel.

    A Asemblea fixa anualmente e para o ano seguinte o tipo de xuro para os préstamos; actualmente sitúase no 7% anual.

    A garantía é mancomunada, isto é, dividida proporcionalmente entre todos os socios/as da entidade solicitante, e así cada un deles responde individualmente dunha parte do préstamo, se se dese o caso.

    Outra característica diferencial desta cooperativa de servizos financeiros  é  a flexibilidade en cada operación, de tal xeito que se unha entidade ten problemas para devolver o seu préstamo, se crea unha Comisión de seguimento que se encargará de dictaminar as razóns    desta   situación,  propoñendo  a  forma    máis  axeitada   para
solucionar esta crise, sen que resulte desfavorable á socia e  o seu  desenvolvemento  económico. Deste  xeito  conseguimos que a porcentaxe de morosidade en Coop57 ao longo de toda a súa vida sexa do 0%.

    Complementariamente a esta porcentaxe, e para garantir a devolución das aportacións de Coop57 o 25% do total das súas aportacións non se adica a préstamos, senón que está depositado en contas  de  aforro, para   encarar  calquera   eventualidade.  En  ningún
momento formará parte de produtos especulativos, que irían en contra dos principios éticos da entidade.

    Regula o seu funcionamento pola Lei de Cooperativas e isto implica a posibilidade de ofrecer solucións financeiras áxiles, éticas e alternativas adaptadas ás necesidades da economía social e fóra do sistema bancario convencional. Isto tamén supón limitacións xa que soamente   pode  ofertar  os  seus   servizos  ás  entidades  socias e non a
persoas a título individual, as cales poden participar nas asembleas con voz e voto  e dispoñen  así mesmo dun representante no Consello Reitor.

    De todos os xeitos e, para solventar a longo prazo esta limitación, Coop57 está a cooperar con Fiare (ver http://www.proyectofiare.com) no desenvolvemento dun sistema integral de finanzas éticas de base democrática, que dea resposta ás necesidades das persoas aforradoras responsables e das entidades de economía social e solidaria.
                   

ORGANIZACIÓN   EN   REDE

    Coop57 sempre plantexa o seu desenvolvemento partindo da convicción de que a proximidade á base social de economía social e solidaria e  mailas  súas  necesidades  financeiras é o que permite dar un
bo servizo e evaluar correctamente os proxectos que necesitan financiación.  Ademais esta proximidade asegura que o crecemento e expansión de  Coop57 sexa  compatible  coa  participación constante das entidades socias e os socios e socias colaboradores na toma de decisións.
 
    En base a esto, Coop57 puxo en práctica un modelo de organización, crecemento e desenvolvemento en rede, mediante o cal cada territorio autoxestiónase organizándose en seccións territoriais.
 
    O requisito indispensable para a constitución dunha sección territorial de Coop57 é a existencia dunha rede de economía social e solidaria no propio territorio capaz de xestionala.
 
    Como anteriormente comentamos actualmente en Coop57 coexisten as seguintes seccións territoriais:
     
Coop57 Andalucía.        
Coop57 Aragón.
Coop57 Catalunya.           
Coop57 Galicia.
Coop57 Madrid.
   
    O traballo en rede baséase nos seguintes principios organizativos para todas e cada unha das seccións territoriais:
 

  • A existencia dunha soa entidade xurídica.
  • A aplicación dos mesmos principios éticos e xurídicos.
  • O emprego dos mesmos criterios de valoración éticos, sociais e económicos dos proxectos de economía social e solidaria.
  • A autoxestión por parte de cada sección territorial da súa base social e da súa actividade, isto é : 

            o        A admisión de socios/as.
            o        A valoración dos proxectos.
            o        A concesión de préstamos.

O aforro de cada territorio destínase a financiar os proxectos do propio territorio. Pero tamén o emprego da solidariedade interterritorial: Isto significa que no caso de que un territorio teña peticións  de préstamos  que  superen os seus recursos, pode pedir
    a solidariedade doutros territorios que dispoñan de diñeiro     excedente para cubrir esa demanda.

Compartir os servizos centrais da estructura técnica de Coop57, ubicados en Barcelona.
 
      O traballo en rede tamén implica que as seccións territoriais teñan funcións e competencias propias delas. En concreto:

  • Admitir novos socios de servizos (entidades da economía social e solidaria).
  • Aprobar os préstamos das socias de servizos da sección.
  • Elexir a Comisión Social, encargada de evaluar as solicitudes de alta de novos socios de servizos desde a perspectiva ética e social.
  • Elexir a Comisión Técnica, encargada de evaluar as solicitudes de financiación desde a perspectiva técnica e económica.
  • Elexir aos representantes da sección na Asamblea Xeral.
  • Elexir aos membros do Consello de Sección.
  • Elaborar  e poñer en marcha os plans de traballo específicos do seu territorio.

      
FUNCIÓNS DOS ÓRGANOS XERAIS DE COOP57:

    A estructura en rede de Coop57 componse dunha Asemblea Xeral Global, un Consello Reitor e o equipo de Coordinación e Administración  de  Coop57. Ademais, cada  asemblea  territorial  ten os
seus propios órganos de decisión: Asemblea Xeral, Consello Reitor, Comisión Técnica e Comisión Social.

Asemblea Xeral:

    É o órgano soberano de Coop57, xa que nomea ao Consello Reitor, controla a xestión anual e aproba  as contas. Decide ademais as liñas estratéxicas da cooperativa, os criterios éticos e mailos tipos de xuros.

Consello Reitor:

    É o órgano de representación, goberno e xestión de Coop57. Os seus membros son elexidos entre as socias de servizos e as socias colaboradoras na Asemblea Xeral. Reúnese alomenos cada catro meses.

Comisión delegada do Consello Reitor:

    Constituída polo Presidente/a, o Tesoreiro/a e o coordinador de Coop57 vela polo cumprimento do plan de xestión aprobado anualmente e ten capacidade para ir planificando os obxectivos a curto prazo. Tense que reunir, alomenos cada quince días.

Coordinación/Administración:

    Integrada polas persoas que desenvolven a xestión de Coop57. Responsabilízase da execución, o seguimento e o control dos créditos concedidos, priorizando as tarefas en función do plan de xestión. Ademais propón novos produtos financeiros, tanto de activo coma de pasivo, aos órganos sociais e supervisa a xestión de proxectos das diferentes áreas, ademais de levar a cabo a administración e contabilidade da cooperativa, implementando a xestión de oficina.

                        
FUNCIÓNS DOS ÓRGANOS TERRITORIAIS DE COOP57:

    Cada Asemblea territorial dispón dos seus propios órganos de decisión e organización: Asemblea de Sección, Consello de Sección, Comisión  Técnica   e  Comisión  Social. Ademais, a  estructura   xeral  de
Coop57 componse dunha Asemblea Xeral, un Consello Reitor global e o equipo de Coordinación e Administración de Coop57.

Asemblea de Sección:

    É o órgano soberano da sección. Nomea ao Consello de Sección. Controla  a xestión anual   e  aproba  as   contas  da  sección  e  tamén decide as liñas estratéxicas da sección e aproba o seu plan de traballo e mailo seu presuposto anual.  Reúnese, como mínimo, unha vez ao ano.

Consello de Sección:

    É o órgano de representación, goberno e xestión da sección. Aproba a concesión de préstamos e os seus membros son elexidos entre as socias de servizos e as socias colaboradoras pola Asemblea de Sección. Reúnese alomenos cada catro meses.

Comisión Social:

    Está composta por persoas de recoñecido prestixio e externas á xestión de Coop57. A Comisión Social evalúa as solicitudes de alta de novos socios desde a vertente ética e social ao tempo que analiza e dictamina a viabilidade económica xunto co interese social dos proxectos presentados. Recomenda ao Consello de Sección a aprobación ou desestimación das solicitudes de alta como socia de servizos.

Comisión Técnica:

    Do mesmo xeito que acontece coa Comisión Social a Comisión Técnica está  composta  por  persoas de recoñecido prestixio e externas 
á xestión de Coop57. Posúen o perfil técnico necesario para poder evalúar   as   solicitudes   de   financiación   desde   a   vertiente técnico-económica e analizan y dictaminan a viabilidade económica e mailo interese  social  dos  proxectos  presentados.  Ademais, recomendan  ao Consello de Sección a aprobación ou desestimación dos créditos solicitados por unha socia de servizos.

SOCIAS: DEREITOS E DEBERES

    Poden ser socias de Coop57 Galicia por unha banda as persoas particulares que queren que o seu diñeiro serva para financiar proxectos
coherentes cos seus propios criterios éticos e sociais, e por outra banda, as persoas xurídicas que realicen unha actividade económica dentro do marco  da economía  social e solidaria, que  compartan os principios de  actuación  de Coop57 Galicia e que realicen a  súa  actividade  en conformidade con estes principios no territorio galego.
   
Para ser socia de servizo hai que solicitalo ao Consello Reitor, aceptando de forma expresa os Estatutos e o Regulamento Interno da cooperativa. A Comisión Social emitirá un informe tras analizar entroutros parámetros a transparencia, a participación e  as relacións laborais na entidade, a través dunha enquisa realizada nas instalacións da futura socia. O Consello de Sección ten a última palabra para  darlle  o  visto  bo  a  ese  informe. É  entón  cando  a   nova   socia  deberá desembolsar o capital mínimo (901,51 €) e de xeito fraccionado  se  así o solicita. E a partir de aí poderá solicitar, se é o caso, financiamento para a entidade, converténdose en socia de pleno dereito.

Para ser socia colaboradora, logo de coñecer os Estatutos e Principios da cooperativa,  hai que solicitalo ao Consello Reitor, aceptando de forma expresa os Estatutos e o Regulamento Interno. Ademais a persoa física ou xurídica interesada deberá cubrir a alta como socia e aportar un mínimo de 300,51 €, puidendo ser de forma fraccionada.

    Neste punto comentar que, por exemplo, para o ano 2011  a Asemblea Ordinaria celebrada o cinco de febreiro aprobou remunerar cun xuro do 2% anual as achegas voluntarias.  Por outra banda os xuros para os socios colaboradores actualízanse ao final de cada ano, xunto coa reducción da retención fiscal correspondente. A socia ten a opción de cobralos ou deixalos en Coop57 e aumentar así a súa aportación voluntaria. E por suposto a socia pode sempre que o desexe solicitar a devolución total ou parcial das súas aportacións voluntarias. Neste caso non se recibe a remuneración dos xuros dos últimos dous meses, pero nunca se actúa sobre o seu capital aportado.

    En Coop57 non hai comisións por apertura, peche ou modificacións no capital das socias.

                
DEREITOS E DEBERES DAS SOCIAS DE COOP57 GALICIA:

As socias participan na Asemblea de Coop57 con voz e voto. Cada    socia   ten  un   voto,  con   independencia   das  achegas efectuadas. As socias elixen e poden ser elixidas para o Consello Reitor.

As socias de servizos de Coop57 poden recibir préstamos e beneficiarse dos seus servizos.

As achegas dos socios, tanto as obrigatorias como as voluntarias, acredítanse mediante títulos nominativos.

O prazo das achegas voluntarias é dun ano, renovable automáticamente e coa posibilidade de realizar aportacións periódicas. Pódese solicitar a devolución por anticipado. A aportación  pódese  recuperar  en calquera momento, pero se se solicita antes do primeiro ano, non se remunerarán os xuros     xerados nos últimos dous meses.

O prazo de reembolso das achegas obrigatorias ao capital social dos socios non pode exceder os cinco anos a partir da data da baixa (ou os tres anos en caso de defunción), con dereito a percibir, sobre a cantidade non reintegrada, o tipo de xuro básico do Banco de España, incrementado en tres puntos. As cantidades pendentes de reembolso non son susceptibles de actualización.

A  CRISE ECONÓMICA E COOP57GALICIA

    Tal e como comentamos no último Boletín informativo de Coop57, correspondente a febreiro de 2011 estamos no terceiro ano da crise económica mundial, baixo  a  radiografía  social  dunhas  desigualdades crecentes; na estrita realidade de 640.000 persoas pobres e 235.000 desempregadas en Galicia; e cun exercicio pechado novamente con millonarios beneficios bancarios, que desde 2003 disparáronse ate os 150.000 millóns de euros acumulados na banca tradicional. Unha crise que vai por barrios, por clases, e que lembra que vivimos un ciclo de burbulla financeira extensa, de tsunami especulativo devastadoramente intenso, onde uns mitificados modelos de crecemento neoliberal caéronnos enriba.

    Contra a inercia de estar na obriga de acatar, por imposición, vellas medidas neoliberais sobradamente coñecidas en causas e efectos, seguimos crendo que non hai nada máis transformador e liberador que abrir portas e xanelas, xerar novos escenarios e demostrar que se pode saír da crise desde outros parámetros, valores e prácticas.

    A recente bancarización das caixas de aforros - que envían ao lixo da historia o modelo adulterado de caixas, pero que naceu do mutualismo   social -  deixou  un  novo  páramo  a  modo  de   deserto  e campo baldío, onde fará falta labrar á procura dun modelo de financiación  comprometido co  país, que non é nin máis nin menos que
a súa xente. Un modelo que trata de conxugar á ética, a solidariedade,  as redes sociais e o arraigado desenvolvemento comunitario.

    Contra unhas finanzas de casino miles de persoas xa están activamente  comprometidas  coa  economía  social e  solidaria, conscientemente implicadas nun modelo socioeconómico que pon no epicentro as necesidades humanas e sociais, e eticamente movilizadas para facer que o cambio se forxe, arraigue  e medre. Os tempos difíciles
sempre poñen a proba a nosa coherencia, insistindo nun círculo virtuoso e cooperativo que  di que podemos facer moito máis do que pensamos e traballando para non manter a estructura social inxusta e desigual, nin no noso nome nin co noso diñeiro.
     
+info:

Ver vídeo de Coop57, seleccionada como boa práctica por REAS en   http://coop57galicia.blogspot.com/

Ver enlaces nas diferentes webs das socias de servizos de Coop57GZ, e que comparten os valores cooperativos:

1. Andaina Soc. Coop, Galega: http://www.andaina.com

2. Ardora Formación e Servizos Soc. Coop, Galega:                                        http://www.ardoraformacion.com

3. Asociación Amarante Setem: http://www.amarantesetem.org

4. Asociación Amigos da Terra: http://amigosdaterra.net

5. Asociación de Economía Social Briante: http://www.briante.org

6. Asociación  Inclusión: http://www.inclusionweb.org

7. Cidadania Rede de Aplicacións Sociais Soc. Coop, Galega: http://www.cidadania.coop

8. Consumo Consciente Árbore Soc. Coop, Galega: http://www.arbore.org

9. Coop. de  Consumo  Responsable  a Xoaniña Soc. Coop, Galega: http://www.cooperativaxoaninha.org

10.  Coordinadora Galega de ONGS: http://www.galiciasolidaria.org

11.  Equal Soc. Coop, Galega: http://www.centroequal.com

12.  Federación de Cooperativas Sinerxia: http://www.sinerxia.org

13.  Fungo Soc. Coop, Galega: http://www.fungo.es

14.  Intergal Soc. Coop, Galega: http://www.intergal-coop.com

15.  Marcha   Mundial   das   Mulleres: http://www.feminismo.info/webgalego

16.  Milhulloa Soc. Coop, Galega: http://www.milhulloa.es

17.  Teixugo Soc. Coop, Galega: http://www.teixugo.com/

18.  Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota: http://www.ugacota.org

19.  Unión de  Cooperativas de Ensino  de  Traballo  Asociado Ucetag: http://www.ucetag.org

20.  Xedega Soc. Coop, Galega: http://www.xedega.es

 

proxecto fiare galiza