No último tercio do século XVIII, e primeira metade do século XIX, prodúcese a “Revolución Industrial”, caracterizada pola substitución do sistema de manufactura polo sistema do maquinismo. Segundo historiador Arthur Shadwell, esta etapa ven ratificada por:
* O espírito empresarial.
* A capacidade técnica adquirida.
* O conxunto dos recursos, tanto productivos coma enerxéticos, dos que se dispón.
* O capital financiero para acadar os recursos productivos e enerxéticos.
* A demanda existente
Paralelamente, neste período xurden os primeiros experimentos de empreas de economía socializada (coma a Asociación Chétienne des Bijoutiers, en Francia ou a Equitable Pioners de Rochedale, en Inglaterra), que reivindicaban a máxima de John Stuart Mill (na última etapa da súa vida) “o individuo é soberano de sí memo, do seu corpo e mente” e etablecían uns principios que aínda hoxe seguen vixentes.
A actualidade deses principios está baseada na súa plena aplicación no ámbito empresarial. Na era das telecomunicacións é cando máis forza adquiren verbas coma democracia, igualdade e liberdade.
Non cabe a menor dúbida que hoxe a sistema de traballo empregado, na maior parte das empresas, responde a un modelo que vulnera a autonomía e o benestar psicológico de traballador. É por eso que o cooperativismo ten unha importancia moi substancial nos paises eempobrecidos, xa que o obxectivo primordial desta configuración socioeconómica é a búsqueda dunha conciencia colectiva que non aliene ó traballador co seu entorno.
Non existe ningún modelo empresarial tan rico socialmente coma o cooperativismo...
¿por qué?
* Porque respeta o equilibrio persoal.
* Porque conxuga os intereses empresariais e o desenrolo persoal do traballador.
* Porque fai partícipe ao traballador do mercado.