Crema de sésamo (tahín) con algas - Algamar

Ingredientes: Sesamo (95%), Alga Espagueti de Mar (4%) e Especias de cultivo ecolóxico.

Beneficios: Esta crema é unha gran fusión entre produtos do mar e a terra, cada un ,de alta concentración de nutrientes.

ESPAGUETI DE MAR (Himanthalia elongata). As súas formas alargadas e estreitas dan o nome a esta exuberante alga parda, moi saborosa e frecuente en litorais profundos e augas axitadas. Rica en fibra, destaca o seu excepcional contido en ferro e un gusto que lembra a sepia. Tanto crúa como cociñada, pola súa textura e sabor, é unha das algas de maior consumo entre as variedades atlánticas. TAHÍN Ou CREMA DE SÉSAMO é moi rico en acedos grasos insaturados, proteínas de elevado valor biolóxico,lecitina, vitaminas, minerais e oligoelementos. Constitúen un alimento concentrado que tonifica o sistema nervioso e favorece a actividade sexual.

 

proxecto fiare galiza