Documentos da cooperativa

Comunicado da Cooperativa ARBORE en apoio aos activistas inxustamente detidos

Consumo Consciente Árbore, S.C.G comunica o seu apoio aos activistas inxustamente detidos e criminalizados por defender aos animais.
 
Na mañá do 22 de Xuño do 2011, as forzas da orde e seguridade do Estado entraron nas casas de 12 activistas do Estado español, nas rexións de Madrid, Asturias, Euskadi e Galicia. Doce activistas que colaboran ou colaboraron nas organizacións en defensa dos animais, fundación Equanimal e a asociación Igualdade Animal. Tras varios días nos calabozos da Garda Civil e tras as declaracións ante o xuíz, tres deles permanecen en prisión preventiva mentres o resto atópase en liberdade condicional con cargos.
 

Informe a visita a rede Minga de Francia

Neste artigo deixamos o documento PDF resumo da experiencia recollida por varias persoas do Espazo por un Comercio Xusto, rede a que pertence a cooperativa.

A visita a realizaron cinco personas de tres organizaciones portuguesas pertences ao ECX:
Carla Soares y Sofía Gonçalves (Ecos do Sul), Carlos Gomes y Nuno Meireles (Mó de Vida) y Lina Afonso (CIDAC).

O documento é sumamente interesante pois recolle as experiencias de Sistemas de Garantía Participativa, no eido da Economía Solidaria en Francia.

Campaña de obxección fiscal

Adxuntamos unha carta tipo para a obxección fiscal.
Por se vos animades a  facerla, non ten ningún perigro legal.
Esta declaración simplemente é unha guía, tendes información detallada nas seguintes webs:

http://www.nonaogastomilitar.org/
http://www.nodo50.org/objecionfiscal/
http://www.ecologistasenaccion.org/article5092.html

Xa tes dispoñible a documentación extra para a Asemblea

DOCUMENTACIÓN EXTRA:
(PRECISAS DE LOGIN E PASS)
Faranse copias para a Asemblea
http://www.arbore.org/asemblea-xeral-2011-documentacion-complementaria

A cafeína e o café - Espanica

Amplia información que nos chega desde Espanica sobre os tipos de café, os diferentes contidos en cafeína, e os seus efectos para a saúde.

Material didáctico da cooperativa

1. O conto de Brancaneves,

2. Manual de cooperativismo e auto-emprego.

3. Folleto "Café de comercio xusto"