Economía social

A Economía Social é unha grande corrente socioeconómica que foise configurando ao longo do tempo sumando aportacións de diferentes fontes. Esto explica a pluralidade de enfoques e de experiencias sociais e empresariais que comparten este concepto de Economía social. Esta riqueza de iniciativas plasmase en diferentes formas de acción, transformación, e de organización horizontal e democrática da sociedade. E comparten un conxunto de principios de funcionamento básico :

• A democracia interna “ unha persoa un voto” como forma de xestión.

• A libre adhesión, nas entidades de economía social a entrada e saída das persoas e voluntaria e libre.

• Autonomía e independencia de calquera outra forma de poder.

• Información e formación como base da participación e boa xestión.

• Traballo en rede ou cooperación co resto de entidades de Economía Social.

• Compromiso coa comunidade e traballo polo desenvolvemento local.

A economía social agrupa a asociacións, mutuas, cooperativas que pretenden dar resposta aos retos socioeconómicos combinando a rendibilidade con participación e solidariedade. A diferencia básica entre unha empresa capitalista e unha social é o obxectivo. Na capitalista o obxectivo e maximizar beneficios e rendabilizalo capital, na social e mellora-la calidade de vida das persoas e da comunidade buscando excedentes na xestión económica que garantan a supervivencia a longo prazo.

Nosos principios

 

proxecto fiare galiza