[Información enviada polo CEIDA]
+ QUE RESIDUOS: A ECONOMÍA SOCIAL NA XESTIÓN MUNICIPAL DOS RESIDUOS
Prezada/o amiga/o,
O vindeiro xoves, 6 de abril, o Concello da Coruña, en colaboración co Consorcio das Mariñas e o CEIDA, organizan a Xornada '+ que Residuos: A Economía Social na Xestión Municipal dos Residuos', co obxectivo de dar a coñecer os procedementos para a contratación da xestión dos residuos por empresas de economía social, compartir experiencias exitosas, e contribuir á creación de emprego e empoderamento social dos colectivos en risco de exclusión social co fomento de iniciativas de xestión dos residuos.
A inscrición xa está aberta e as prazas son limitadas.
Máis información: http://www.ceida.org/formacion/mais-que-residuos-xornada-economia-social-na-xestion-municipal-dos-residuos.html