En todas as mans. Proxecto Documental

Ola bo día a tod@s!

Escribimos este correo electrónico para pedirvos a vosa colaboración nun proxecto social que estamos levando a cabo na cooperativa Trespés.

Actualmente estamos recollendo fondos para a produción dun documental que se chama En todas as mansEntodasasmans é un proxecto documental sobre a realidade da xestión comunitaria dos montes en Galiza e Portugal. Un proxecto documental centrado nos montes veciñais. Forma de xestión única nos nosos territorios e que está a medio camiño entre as dúas formas de propiedade mais comúns, a pública e a privada. Para que vos fagades unha idea, só en Galicia esta figura representa 700.000 ha, preto do 25% da superficie galega.

Coa posta en marcha deste documental pretendemos facer visible esta figura de xestión do territorio, achegarnos as voces das persoas que traballan nos montes veciñais, facer unha reflexión colectiva sobre estes territorios e o seu futuro.

Para que todo isto sexa posible precisamos da vosa axuda! Estamos recollendo fondos en Verkami, unha plataforma colaborativa "crowdfunding" e precisamos recoller como mínimo 7.000 euros en menos de 40 días para que o proxecto sexa viable! Nesta páxina web tedes toda a información necesaria sobre o proxecto e como colaborar. Tamén se explican as recompensas que damos as vosas colaboracións!

Por favor colaborade co proxecto! Cada quen co que poida! Hai recompensas xa dende 10 euros! Se podedes dar máis pois mellor ;-) pero se non cada quen co que poida!

Moitas grazas e unha aperta!!


Trespés Soc. Coop. Galega


ps: Se podedes axudar a difundir esta iniciativa entre os vosos contactos agradeceríamolo http://www.verkami.com/projects/10825-documentario-en-todas-as-mans.

Tamén podedes axudar na difusión aumentando os nosos "gústames" de facebook. Para iso pinchade neste link.

ps:2 : Se xa colaboraches co proxecto, moitas grazas! Sen a túa axuda non sería posible!

 

proxecto fiare galiza