Encontro Hortas Vigo e Obradoiro Conservas

Día 12 de xuño de 2011 ás 12 horas na horta do Freixo
Para chegar seguir as indicacións de google maps neste link.

Esta vez, coñeceremos o proxecto de horta colectiva iniciado hai xa un anos por algunhas socias e socios da cooperativa de consumo consciente Árbore, e visitaremos a súa horta.

Ademais, de acordo coa idea xurdida no primeiro encontro de enriquecer cada visita con algunha actividade específica, nesta ocasión desenvolverase un obradoiro de conservas vexetais*. Tendo en conta que estamos xa ás portas do verán, momento no que, agardemos!, teremos excedentes de produción na horta, as conservas son unha interesante opción para poder darlle unha saída, e continuar gozando deses produtos o resto do ano. O obxectivo do obradoiro será aprender as técnicas básicas para a conservación de verduras, e resolver as dúbidas que poidamos ter ao respecto. O obradoiro correrá a cargo dun compañeiro do encontro, con formación e experiencia profesional neste eido.

Haberá, como sempre, a posibilidade de poñer en común novos proxectos, propostas, etc.

Finalmente, remataremos a xornada compartindo o xantar nun parque forestal próximo.

*(O obradoiro de sementes que estaba previsto tívose que suspender,en busca dunha nova data, posto que as/os compañeiras/os da rede de sementes non estaban dispoñibles o día 12.)

Datos:

Hora inicio do encontro: 12:00h

Lugar: Freixo

Mapa: Ver enlace

Autobuses máis próximos: Liña 20

A comentar que actualmente a Av de Castrelos é de dobre sentido.
A horta atópese 50 metros máis abaixo do punto E.
O aparcamento millor a partir do punto D (biblioteca do Freixo)
Para chegar en Vitrasa coller a liña 20 Freixo - Porta do Sol, a parada atópase a 25 metros do derradeiro cruce que nos leva á horta.

AdxuntoTamaño
cartel_iii_encontro.pdf222.13 KB

 

proxecto fiare galiza