A enerxía nuclear a debate

O local de Amigos da Terra, na rúa Policarpo Sanz nº 17 1ºD, acollerá este venres, a partir das 19.30 horas, unha nova tertulia ambiental. Nesta ocasión, o tema a debater serán os pros e contras da enerxía nuclear, un tema de candente actualidade tras o grave accidente da central nuclear de Fukushima, en Xapón.

En Fukushima Daichii, produciuse o segundo accidente máis grave da historia nuclear mundial tras o de Chernobil. A situación actual é crítica, dada a fuga radioactiva xa detectada a centos de km. da central.

Estes sucesos poñen de manifesto o risco no emprego da enerxía nuclear e aconsellan abandonar esta fonte de enerxía. Ademais, as centrais españolas non están exentas de problemas e supoñen un risco inadmisible.

Amigos da Terra anima á cidadanía de Vigo a unirse a este interesante e necesario debate.

Tertulias ambientais de Amigos da Terra

O principal obxectivo destas “tertulias” é crear un espazo aberto á cidadanía para o diálogo e o intercambio de ideas sobre noticias ambientais de actualidade, así como debater temas de interese social e compartir dúbidas e información. Para Amigos da Terra, a creación desta iniciativa responde ao crecente interese detectado na cidadanía sobre os temas ambientais, así como a falla dun espazo físico no que poder expresar as súas opinións e dúbidas.

Para máis información

Amigos da Terra. Tfno: 986 125 171

 

proxecto fiare galiza