consumo responsable
É unha cooperativa de consumo consciente na cidade de Ferrol.
+info: http://www.cooperativaxoaninha.org/spip/
É unha asociación de consumo responsable na cidade de Ourense.
+info: http://www.semente.info/
É unha cooperativa de consumo resonsable na cidade de Compostela.
+info: http://eirado.wordpress.com/
É unha asociación de Lugo que traballa desde 1995 no eido do comercio xusto, tanto no consumo coma na sensibilización. Dende fai un tempo está a introducir o consumo agroecolóxico e local dentro da súa oferta como reforzo a coherencia desta asociación pioneira.
+info: http://www.covadaterra.org/
É unha asociación de consumidores responsables na cidade de Lugo.
+info: http://www.obandulloecoloxico.info/
ONG's
É unha organización galega de cooperación para o ecodesenvolvemento. Xorde como unha ONGD para a transformación, situándose dentro do debate actual na corrente que aposta por ser un freo ós abusos do poder político e as desigualdades xeradas dende o poder económico. Para elo, pensan que é fundamental recupera-lo papel autónomo dos movementos sociais na transformación política e a participación da sociedade civil nos asuntos públicos. A súa misión é combater as causas estructurais da pobreza e favorecer a autoorganización e empoderamento das comunidades e colectivos sociais máis empobrecidos dos países do Sur, á vez de crear unha sociedade civil máis critica e solidaria que permita construír un modelo galego de cooperación.
+info: http://www.amaranteong.org
É unha asociación ecopacifista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente. O seu obxetivo é contribuír dende Galiza na defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global.
+info: http://www.verdegaia.org/
É unha organización ecoloxista que plantexa unha actitude de defensa do medio ambiente, realista e construtiva, que apoia aquelas iniciativas que van xurdindo e axuda a mellorar o noso contorno dende a práctica e a acción. Ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respetuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.
+info: http://www.amigosdaterra.net
É unha asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida. ADEGA avoga por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, por un modelo de desenvolvemento sen destrucción ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países.
+info: http://www.adega.info/
economía social
É unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a imnovación social dende unha metodoloxía solidaria, participativa e cooperativa. Entre os seus obxectivos está o fortalecemento das redes sociais, a integración social e laboral de rapaces e outros colectivos con dificultades de inserción. Así como participar e apoiar ás entidades de desenvolvemento local e outras formas de organización económica democrática.
+info: http://www.briante.org
Consello Galego de cooperativas:
É o máximo órgano de promoción e difusión do cooperativismo na Comunidade Autónoma de Galicia, constituíndose, ademais, como órgano consultivo e asesor das administracións públicas galegas naqueles temas que afecten ao cooperativismo.
+info: http://www.cooperativasdegalicia.org/
Granxafamiliar:
O proxecto Granxafamiliar.com nace a partir dunha investigación levada a cabo en Galicia e Irlanda entre o ano 2003 e 2006 financiada pola Fundación Feiraco, e desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela.
Está dirixido ás familias agrarias productoras de Galicia que actualmente están en disposición de introducir no mercado producción tradicionalmente dirixida ó autoconsumo. E polo lado da demanda a calquera comprador, que se sintan atraídos polos prezos, a calidade dos productos e por unha nova forma de comercio que podemos calificar como a máis xusta para Galicia. Trátase de establecer canais de información e de rendas entre o medio rural e urbano.