Moi bo día a todas,
Que tal estades?
Este mes adicarémolo a fermentar verduras, cuns obradoiros que temos que confesar sonche dos nosos favoritos. Por qué?...Pois por dous motivos principais:
-O bo funcionamento dos nosos sistemas dixestivos e o equilibrio da nosa microbiota (que non está só no intestino, coma veremos no obradoiro) son alicerce para o benestar e saúde.
-Os fermentos vexetais son un método de conservación ideal para de excedentes, porque non precisan de fontes de enerxía externas (dobremente sostibles). Por riba, potencian o sabor (a miúdo o melloran) das verduras, engaden nutrintes e están cheos de microorganismos beneficiosos (=probióticos caseiros!)
Poderedes facer a reserva de praza dende aquí. Deixámosvos o cartel con máis info
Nas próximas semanas iremos enviando novos correo que abrirán os novos prazos de inscricións aos vindeiros obradorios:
DECEMBRO
> Especial Nadal Vexetal (3 días): pratos principais, entrantes e acompañamentos vextais e bebidas dixestivas e doces . Coma sempre 100% vexetal e sen glute...pero o mellor de todo é que son ideas que serven para o día a día tamén (moitas pódense organizar con antelación).
>Cociña en familia: faremos tamén dous obradoiros (un en decembro e outro en xaneiro) para cativos (acompañados dun adulto). Pan de sarraceno e froitas secas (con certo toque Panetone...) e bolachas saudables para agasallar.
XANEIRO
>Sopas de tempada: logo das festas volta a cociña práctica de tempada onde cociñaredes vós. Caldiños e sopas
con algas, mailos complementos para convertilos nun menú completo, serán os protagonistas.
>Barriñas (2ª parte): pensado para os que estades aburridos das barriñas doces...Tres sabores sorprendentes: limón-espirulina, curry e barbacoa. Tan boas coma nutritivas.
Agardamos que vos gusten as propostas, que xorden das suxerencias que nos enviastes (grazas!)...próximamente abriremos os prazos de inscrición.
Para rematar lembrarvos que estamos á vosa disposición para dúbidas sobre os contidos, propostas e comentarios en consultascocinha@arbore. org.