Éxitosa participación de Árbore na Feira do CAT

María Almazán e Senén na Feira de Artesanía CAT
Sénen e María no posto de Árbore

Nunha mañá de sábado soleada -quizais demasiado nalgúns momentos- púxose a andar FEIRA, mercado de produtos traidicionais galegos. O Paseo de Alfonso, dende o que se poden admirar algunhas das mellores vistas da Ría, acolleunós durante toda a mañá. Ás 10.30, hora prevista para comezar a exhibición e venta, xa había xente achegándose a observar, aumentando o seu número a medida que avanzaba a mañá. O momento de máxima afluencia acadouse entre as 12 e as 13 horas, puidéndose observar unha pequena multitude de xente que ateigaba o espazo reservado para a a FEIRA do CAT.

Vista xeral da Feira CATO público asistente non se limitou a observar, senón que se animou a comprar debido á presenza de postos de venta de produtos ecolóxcios como o noso, o de conservas Amorodo, o noso ilustre socio carpinteiro, Jorge Corcoba, o posto de productos frescos de Antía. Dende logo axudaron as excelentes degustacións nas que cabe destacar as dos queixos de Árbore.

A despedida foi animada por un pasacalles a cargo dos artistas de pistacatro, que xa levaban toda a mañá animando aos cidadáns de Vigo a achegarse ao Paseo de Alfonso.

O listón quedou moi alto para a próxima edición que terá lugar o vindeiro domingo día 3 no Paseo de Alfonso. Toda a información podese atopar na páxina web da FEIRA.

Vista xeral da xente que asistiu ao CAT
A afluencia de xente ao longo da mañá foi notable

Jorge Corcoba traballando no torno
Jorge Corcoba, socio da cooperativa Árbore, traballou toda a mañá no torno

 

proxecto fiare galiza