Loaira organiza unha Feira de Troco especial libro galego e portugués o próximo sábado 14 de Maio nos soportais do Concello. Os libros poderanse para trocar poderanse deixar ata as 12.30 horas e a partir desa hora poderanse trocar por outros.
O sistema de troco segue a mesma dinámica que en edicións anteriores. As persoas
interesadas poden levar ata seis libros entre as 11:00 e as 12:30 no lugar citado. Recolleranse dando un vale numerado por cada un deles. Entre as 12:30 e as 13:30 os vales poderanse trocar por outros libros. No caso de que dúas ou máis persoas estean interesadas nun mesmo libro, darase prioridade á numeración dos vales.
A Asociación de Consumo Responsábel Loaira organiza unha nova edición da Feira de
Troco de Redondela. A cita, que leva dous anos presente de forma periódica na vila, pretende afondar na relación das persoas, o seu consumo e a incidencia no medio dunha forma práctica. O troco, como sistema de intercambio, posibilita alongar a vida a obxectos que perden o seu valor de uso para os seus donos ao tempo que conciencia da necesidade de repensar as nosas necesidades reais de consumo e posesión de bens. Nas últimas edicións evidenciouse unha positiva acollida
por parte da poboación redondelá e, en especial, de nenos e nenas que atopan na Feira de Troco unha vía para renovar e diversificar o elenco de brinquedos.
A Asociación Loaira non é allea as problemáticas e situación da cultura e lingua galega,
polo que, dentro do seu ámbito de actuación, propón unha forma diferente de celebrar o Día das Letras Galegas. É así que o próximo sábado 14 de maio, a partir das 11:00 da mañá poderanse acercar aos Soportais do Concello de Redondela celebra unha Feira do Troco na que os obxectos a intercambiar serán exclusivamente libros escritos en galego ou portugués.
Esta iniciativa pretende alertar da necesidade de circular e, polo tanto, socializar, a cultura
letrada. Os libros, as máis das veces obxectos de decoración, poderán recomezar novos percursos vitais prolongando o seu uso efectivo e afectivo. De forma parella, esta edición da Feira do Troco adquire unha relevancia especial polos diferentes cuestionamentos que ten sufrido a lingua e cultura galegas nos últimos tempos. Loaira celebra o Día das Letras Galegas como unha oportunidade para construír alternativas e aproximarse aos libros en galego e portugués dunha forma práctica e consciente.