Feira Mercado de Produtos Tradicionais Galegos

 

FEIRA 3 DE MAIO 2014

De 11.00 a 21.00 h

Barrio Alto do Casco Vello de Vigo

www.patrimoniodegalicia.org

 

Programa

 

 

 

 

horario

actividade

título

ubicación

12.00 H

DEGUSTACIÓN

APEGA

Verduras de primavera

Carpas na rúa

12.00 H

19.00 H

OBRADOIRO

Tatuaxes de henna

María Luna Henna

Galería Javier Teniente   

12.30 H

OBRADOIRO APEGA

Degustación de aromáticas

Carpas na rúa

12.30 H

OBRADOIRO

FAMILIAR

Contos exquisitos

Carpas na rúa

13.00 H

CHARLA

Fiare: Banca ética

Praza do Abanico

13.30 H

MÚSICA

Why go

Praza do Abanico

14.00 H

MÚSICA

Javier Abraldes Trío

Praza do Abanico

14.30 H

SESIÓN DJ

DJ Gramola

 

Praza do Abanico

 

 

Pulpeiro na rúa

Praza do Abanico      

15.00 H

COMIDA E TERTULIA CON ARTISTA

Comida con Cándida Standwick

Inauguración exposición Pilar Alonso

Matina

17.30 H

VISITA GUIADA

O Barrio Alto

Historia, Arte, Arquitectura

Rúas do barrio

17.00 H

OBRADOIRO

INFANTIL

Mamá, de que cor son os bicos

Vigo Remember

18.00 H

OBRADOIRO

Artemy, Taller de Kumihimo

Carpas na rúa

19.00 H

PRESENTACIÓN

Proxecto Artesanista

Mauro Trastoy e Pablo Barreiro

Espacio Nido

20.00 H

SUBASTA

Obxectos Vintage

Matina

 

FEIRA, o mercado de produtos ecolóxicos e artesanía inicia unha nova etapa no Barrio Alto do Casco Vello caracterizada pola sintonía cos veciños do barrio. A iniciativa de trasladalo de lugar nace pola coherencia entre a oferta comercial das súas rúas e o obxectivo deste mercado de promover o produto manufacturado de calidade e a filosofía sostible.

O proxecto é un produto integrador que ten vocación de permanencia porque se sustenta na estreita colaboración entre veciños, comerciantes e organismos oficiais. En vindeiras edicións a nosa pretensión é realizar actividades en rúas e prazas, espazos comercias e galerías de arte e nos museos e monumentos públicos (CAT, Pinacoteca e Castelo de San Sebastián).

A zona alta do Casco Vello é a gran descoñecida da cidade por iso en cada edición organizaremos unha visita para coñecer a nosa historia por dentro acompañados de especialistas en diferentes disciplinas.

PLANTEL E PRODUTOS DE HORTA ECOLÓXICA DE TEMPORADA NA RÚA ECO

A presenza de gran número de agricultores ecolóxicos é o atractivo de FEIRA, que é posible polo convenio de colaboración que temos subscrito con APEGA, a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia.

Agora que chega o tempo da sementeira dous produtores de plantel ecolóxico ofrecerán diferentes variedades para crear unha horta sostible e saudable.

Os agricultores presentes ademais de aportar produtos frescos recén recollidos no contorno realizarán un obradoiro de plantas aromáticas para fomentar o seu consumo fresco e unha degustación coas mellores receitas de verduras que produce a horta en primavera.

A RUTA ARTÍSTICA

O barrio alto é o novo barrio das artes. O percorrido iníciase na galería Bacelos e remata na Pinacoteca pasando pola Menara, Matina, a Galería Fotográfica de Javier Teniente e Vigo Remember.

En Javier Teniente haberá un obradoiro de henna e en Vigo Remember un completo taller infantil con motivo do día da nai,"Mamá de que cor son os bicos". Durante dúas horas o público infantil entre os 6 e os 12 anos crearán unha obra partindo das diferentes sensacións que producen as cores.

Ao mediodía haberá un almorzo coa artista Pilar Alonso en Matina, no que presentará a serie The Cabinet of Cándida Standwick. No local poderá verse unha mostra das súas pezas co fin de transmitir a atmosfera que rodea ás súas personaxes e degustarse (previa reserva) un menú especialmente deseñado para a ocasión. Trátase dunha experiencia sensorial, de somerxerse no universo de Cándida a partir do diálogo coa artista, as obras de arte e a comida.

No Espacio Nido, o activo local de coworking do Barrio, situado na rúa Ferrería presentarase o proxecto Artesanista no que Mauro Trastoy e Pablo Barreiro falarán da súa obra que aúna arte e artesanía.

www.cargocollective.com/pablobarreiro

www.trastoy.com

Á HORA DO VERMUT O BARRIO É UNHA FESTA

Centramos toda a nosa enerxía en crear un evento festivo ao mediodía que atraia aos vigueses a coñercer o barrio. Ao redor dunha pequena romaría con pulpeiro na Praza do Abanico a sesión musical correrá a cargo dos grupos Why go, Javier Abraldes Trío e o DJ Gramola e comeza ás 13.30 h.

Why Go, a banda viguesa membro do colectivo galego METAMOVIDA presentará o seu novo disco Kara no que mesturan diversas áreas artísticas. O disco é un conto no que se narra unha fábula sobre a humanidade a través dos ollos dunha nena.

Javier Abraldes Trío interpretará un repertorio con composicións orixinais de Javier Abraldes e Pablo Pérez que manifestan a influencia do jazz de raíz europea e o rock progresivo inglés ademais da música contemporánea de concerto.

A sesión vermut, na que haberá un pulpeiro, remata coa sesión de música retro do Dj Gramola.

www.whygomusic.bandcamp.com

http://javierabraldes.tumblr.com

https://www.facebook.com/pages/DJGramola/160331287411621

CONTACTO FEIRA

feira@patrimoniodegalicia.org

Beatriz Ojea 695 49 36 60

Ana Castro 682 73 59 56

Alicia Carrera 615 25 85 35

 

proxecto fiare galiza