Apúntate xa! : Curso de UGACOTA no Centro da Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Vigo.
A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA, vai poñer en marcha un obradoiro formativo gratuíto en Vigo no mes de Xullo, no marco da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e Economía Social :
ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO
Datas: Do 14 ao 17 de xullo de 2015. Horario : De 9.30 a 14.30 horas. Duración: 20 horas.
Inscricións e Programa: fai clic aquí (realízase a través da web de Ugacota)
Lugar de celebración: Centro da Rede Eusumo - Cámara de Comercio de Vigo
(Rúa República Arxentina 18 A s/n. Vigo)
Máis información: 986 13 65 92 - nuria@ugacota.coop
De que trata este obradoiro? Con este curso preténdese mostrar desde un punto de vista práctivo as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable. Tamén elaborar conxuntamente os distintos apartados do Plan de Empresa do noso proxecto, e avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, e o calendario de actuacións.
Ao remate da formación expedirase unha certificación da Subdirección de Cooperativas e Economía Social.