O Consello Internacional do Foro Social Mundial dirixida a todalas organizacións, redes e movementos participantes, sobre os obxectivos das saus accións, campañas e loitas, co obxectivo de axudar na organización do próximo FSM, que se realizará en Xaneiro de 2009, na cidade de Belém, Brasil.
Chaman a atención especialmente en dúas cuestións importantes sobre o territorio onde vai ter lugar o próximo Foro :
- A primeira é que a Amazonia é unha das últimas áreas do planeta aínda relativamente preservada, preciosa pola riqueza da súa biodiversidade.
- A segunda é que nela existe un conxunto amplo e diverso de movementos sociais, sindicatos, asociacións, cooperativas e organizacións da sociedade civil que loitan por unha Amazonia sostible, solidaria e democrática, articuladas en redes e foros.