Heroes verdes: Agatha Broeskamp e Emily de Tanquián en «Van de verde».

http://www.vtelevision.es/programas/vandeverde/2011/02/19/0031_43_57308....

Ágatha sae do minuto 8.15 ao minuto 11.15. Emily sae do minuto 15.15 ao minuto 18.00. Pero o mellor é miralo todo, porque está moi ben.

O programa céntrase nesta ocasión na vida e costumes de persoas que, a título particular e de maneira vocacional e desinteresada, levan vida ecoloxista e serven de inspiración a outros. Así, visitamos as casas de varios produtores de agricultura ecolóxica que están convencidos de que este método de cultivo é o máis beneficioso para a preservación saudable das súas terras; ao promotor dunha fundación que promove as enerxías limpas, a produción ecolóxica e todo tipo de valores de interese ecolóxico; a un educador que percorre colexios por toda Galicia difundindo formación ambiental, e a un sacerdote con profundas e interesantes conviccións sobre a relación entre o home e a terra.

 

proxecto fiare galiza