Propiedades
Antidepresivo: A presenza da hipericina outórgalle propiedades antidepresivas nos casos de depresión leve. Non ten ningún efecto beneficioso nos casos de depresión aguda. Resulta adecuada para o tratamento da depresión de outono ou depresión estacional.
Tónico nervioso: O seu uso prolongado - entre uns 4 e 6 meses - constitúe un tónico reparador do sistema nervioso. A diferenza doutros sedativos, non ten efectos negativos por acumulación de toxinas no sangue, sobre todo para o fígado.
Dixestivo: Bo remedio cando aparece acidez gástrica e , sobre todo, no tratamento da úlcera de estómago, diarreas e vómitos. Demostrouse a influencia da hipericina como inhibidor da acidez ( MAO)
Analxésico: Constitúe un bo remedio para combater as dores corporais especialmente aqueles producidos por afeccións reumáticas, pinga, artrite, ciática, lumbalxia...etc
Regulador da menstruación: Diminúe as menstruaciones demasiado abundantes e favorece aquelas que son pobres
¿Como se toma? Infusión de dous cucharadiñas de flor seca. Dous veces o día.
O uso interno desta planta debe suspenderse se se han de tomar outros medicamentos pois presenta moitas incompatibilidades cos barbíturicos, antidepresivos, narcóticos, quimioterapéuticos, inhibidores da ácidez, etc. En todo caso, se se ha de tomar algún medicamento ou se esta tomando algún, é mellor consultar ao médico antes de emprender curas con esta planta,
Toxicidade: A hipericina en contacto coa luz solar pode producir efectos de fotosensililización na pel, polo que poden producirse, non soamente pequenas lesións cutáneas, senón que poden aparecen na mesma ulceraciones profundas. Por iso aconséllase que, en caso de seguir un tratamento con esta planta, sexa en uso interno ou externo, non se debe expor a exposicións solares prolongadas e evitar ao máximo exposicións da pel ao sol de alta montaña.
Non deben tomarse preparados desta planta durante o embarazo.
Comentarios
Cando quixen consulta-la sección de prantas menciñais, sómentes me apareceu o hiperico (e a valeriana, pero só o nome).
¿Non tedes máis prantas introducidas?
Un cordial saúdo.
José Manuel Casal
Pois o tema e que a páxina é horizontal, iso significa que a construimos todos, hai unha persona que se encarga desta sección , pero lóxicamente ao ser unha historia voluntaria, ten seus tempos. Paciencia, se queres podes participar escribindo un. Estaría xenial.
Saude.