I Encontro de Sementes en Redondela

Será este sábado, 2 de outubro 2010, en REDONDELA no Recinto da Feira do Gando.
Organiza a Rede Galega de Sementes.

Ao longo de todo día haberá unha exposición con variedades antigas e
locais cultivadas en Galicia e unha mesa para intercambio de sementes,
así que trae as sementes dos teus avós e participa no intercambio.
Tamén haberá obradoiros e actividades para nenxs durante toda a xornada.

A continuación a programación:

10:30h Apertura da feira.

Mercado de productos ecolóxicos;

demostración de traballos artesanais.

11:00h Obradoiro de elaboración de pan

12:00h Obra de títeres

13:00h Obradoiro de extracción e

conservación de sementes

14:00h Degustación de produtos da horta

14:30h Xantar popular (trae a túa comida e

compártea coas demáis)

16:30h Charlas:

- Creación de antibiótico natural con plata coloidal.

- O uso da auga mariña na agricultura.

- As interaccións do ferro no solo de cultivo.

18:00h Obradoiros de extracción de sementes

19:30h Actuación musical

20:30h Actuación musical:

" Os tremendos permacultores do norte"

 

proxecto fiare galiza