No mes de Outubro de 2010 celebrouse I Encontro de Hortas da comarca de Vigo ao que asistiron tanto hortas comunitarias como individuais ou familiares. No encontro que se ubicou no espazo de Alg-a en Valadares, aproveitamos para coñecer o traballo de horta realizado pola xente da Cova, por en común o estilo de horta de cada unha, as problemáticas coas que nos atopamos e todo aquelo que foi xurdindo. Un dos acordos aos que chegamos foi o de realizar visitas a diferentes hortas da zona para coñecer no propio terreo o traballo que se está facendo.
Para o día 14 de Maio propomos celebrar un segundo encontro, desta volta na horta comunitaria A Tira (Candeán). A proposta de traballo é a que segue:
10:30.- Chegada á Tira
11:00.- Visita pola horta
11:30.- Explicación práctica do funcionamento do Ariete Hidráulico. Podedes ver no seguinte enlace en que consiste o invento gracias ao que a Tira consigue auga para regar. http://es.wikipedia.org/wiki/Ariete_hidr%C3%A1ulico
12:30.- Posta en común de propostas, ideas, suxerencias, etc.
13:30.- Xantar no Vixiador. Na Tira non hai zonas con sombra así que se propón facer o xantar comunitario no monte do Vixiador que está bastante preto.
Para o xantar:
Que cada quen leve algo da casa para compartir. A Tira subirá unha paellera para facer no momento e compartir entre todas. Haberá que subir bebida, prato e garfos.
O 9A e 9B paran moi cerca da Tira.
Seguir os eventos da Rede de Hortas:
http://fc.arkipelagos.net/rede-hortas-comarca-vigo