II Feira 2º man, artesán e ecolóxico en Nornas

II FEIRA DE SEGUNDA MAN, ECOLÓXICO E ARTESÁN

EN NORNAS HOSTEL

 

Despois do éxito da I Feira celebrada en outubro do ano pasado a Cooperativa Nornas Hostel repite a experiencia este domingo 30 de Maio. Neste edición contaremos novamente con obxectos de segunda man como roupa, xoguetes e decoración; varias artesáns compartirán o espazo poñendo á venda xabóns, artigos de refugallo, coiro, costura e artigos para bebés; dúas experiencias de producción ecolóxica, entre as que se atopa Horta do Val, terán os seus produtos á venda, como fresco da horta, marmeladas, licores e pan; e por último visitaranos a Distribuidora Lapsus cos seus libros de análise crítica de diferentes editoriais alternativas. .

 

Ademais dos postos de venda tamén se poderá desfrutar de pinchos e bebidas a prezos populares, para non pasar fame mentras charlamos coas feirantas e rebuscamos entre os postos.

 

Ás 13.30 poderemos desfrutar de un pase especial do espectáculo de poesía e música de Cinta Adhesiva e durante a Feira contaremos con música en directo da DJ. Carina Posse.

 

A Feira estará aberta dende as 12:00 ata as 21:00. A barra con comida e bebida estará aberta todo o día, por se alguén decide quedarse a xantar nas tumbonas de Nornas Hostel!

 

Nornas Hostel sitúase na Rúa da Igrexa nº, 15, detrás da Igrexa de Gondomar. As coorderanadas GPS, que tamén se poden consultar na páxina web son:

 

42.112111,-8.757803

 

Agardamos vervos por Nornas e agradecemos que lle pasedes a info aos voso contactos!

 

Máis info en:

www.nornashostel.com

https://www.facebook.com/Nornas.Hostel12?fref=ts

 

proxecto fiare galiza