VIDEO SOBRE CASA GRANDE DE XANCEDA
Esta granxa de Mesía é a segunda produtora de leite ecolóxico do Estado, e unha das poucas que fabrica iogures cremosos 100% naturais. Dende os seus comezos, alá polos anos 60, a granxa coruñesa estabeleceu os criterios ecolóxicos como base da súa produción . Cincuenta anos máis tarde, a Casa Grande de Xanceda converteuse na segunda produtora de leite ecolóxico do Estado e fixo dos seus iogures, 100% naturais, o seu símbolo de identidade.
A historia da explotación comeza cando o intelectual Felipe Fernández Armesto merca a granxa, en pé dende o século XVIII, e trae de Canadá 30 vacas. A partir das reses iniciais, mediante a recría, conseguiron manter ese mesmo gando, ampliándoo até máis de 300 animais, que hoxe en día pastan libremente polas 370 hectáreas de terreo coas que conta a Casa Grande de Xanceda.
E é que esa é unha das características máis interesantes da granxa. Os animais son alimentados con produtos puramente naturais, para obter un leite limpo de pesticidas e herbicidas. Como se facía tradicionalmente, os donos da empresa decidiron que as vacas puidesen pastar libremente polas extensións da granxa, e que fosen muxidas tan só dúas veces ao día, converténdose así en “vacas felices”, segundo afirma o director xerente da Casa, Guillermo Martínez. “En Galiza estamos acostumados a ver as vacas nos pastos, e dende fóra ven este feito como un paso adiante para que os animais vivan felices”.
Iogures cremosos e naturais
Aínda que xa se viñan seguindo criterios naturais para levar adiante a explotación, non foi até 2003 cando se convirte a granxa en ecolóxica. Xa en 2004 obteñen o certificado como produtores ecolóxicos e deciden comezar a transformar o leite. Axudados polo Aula de Produtos Lácteos da USC, sacan ao mercado os seus iogures cremosos naturais. Estes produtos incorporan o dobre de leite que un iogur normal, xa que para obter a porcentaxe de proteína necesaria para a súa fabricación, concentran o leite mediante a ultrafiltración, o que supón que os iogures cremosos teñen o dobre de calcio que os habituais.
Actualmente, estes produtos beneficiosos para a saúde, están a distribuírse por todo o Estado, con especial incidencia en Andalucía e Levante, onde forman parte dos menús dos comedores escolares e onde se poden adquirir en diversas cadeas de supermercados.
Ademais da granxa, a Casa Grande de Xanceda alberga no seu interior diversos inmóbeis nos que viven algúns dos traballadores da explotación. A casa principal, datada no século XVIII, foi reconstruída con pedra segundo a arquitectura popular galega e agora converteuse na imaxe de marca dos seus produtos. No amplo territorio tamén está ubicada a casa dos propietarios, que conta cunha gran biblioteca conformada polos pais do actual dono, os xornalistas Felipe Fernández Armesto, tamén coñecido como Augusto Assía, tal e como firmaba os seus artigos, e Mª Victoria Fernández España.
Unhas preguntiñas
¿Qué debe conter un iogur?
Leite e fermentos. Os fermentos converten a lactosa en lactasa, espesan a leite de danlle o iogur o seu sabor ácedo característico. O iogur é un produto vivo, que conten fermentos vivos. Son istes os que producen os efectos beneficiosos. O iogur ecolóxico Casa Grande de Xanceda só contén leite e fermentos.
¿Poden conter material xenéticamente modificado?
As vacas non ecolóxicas poden alimentarse con productos transxénicos sen que o consumidor final teñao que saber. Ata o 0,9% dos ingredientes dun iogur poden ser transxénicos sen que sexa obligatorio mencionalo. O iogur ecolóxico Casa Grande de Xanceda non utiliza ningún alimento nin ingrediente modificado xenéticamente.
¿A leite ten que ser fresca?
Non necesariamente, de feito, moitos fabricantes engadenlle leite en pó a leite fresca para que ésta dea máis de sí. En Casa Grande de Xanceda só utilizan leite fresco.
¿Se lle poden engadir aditivos?
É legal engadir toda clase de aditivos: axente xelificantes para darlle corpo ao iogur desnatado, proteínas, saborizantes artificiais, azucre refinado, edulcorantes, colorantes, conservantes, etc. O iogur estilo griego ademáis leva engadido de nata. O iogur ecolóxico Casa Grande de Xanceda non contén ningún aditivo.
¿Pode o iogur conter residuos de pesticidas?
Na agricultura ecolóxica non se poden usar nin pesticidas nin herbicidas, polo tanto é imposible que conteña algún residuo. O iogur ecolóxico Casa Grande de Xanceda está 100% libres de residuos de pesticidas.
¿É a froita?
Unha gran parte da froita que se engade o iogur ven coma puré conxelado ou en forma liofilizada. Nos iogures ecolóxicos, a froita tamén debe de ser ecolóxica, tense que haber producido sen abonos químicos, pesticidas ou herbicidas. O iogur ecolóxico Casa Grande de Xanceda só conten iogur e froita ecolóxica preparada.
¿Teñen que sufrir as vacas?
As explotacións leiteiras intensivas, con miles de vacas, poden implicar baixos niveles de benestar para as vacas ao permanecer normalmente estabuladas. Os productores ecolóxicos tratan mellor as súas vacas, que pacen libremente nos campos. O iogur ecolóxico Casa Grande de Xanceda só se producce con leite fresco das suas vacas que viven felices, proba dilo é que viven o doble de anos que unha vaca da industria lactea.
Comentarios
Estes iogures ecolóxicos, dende a miña modesta opinión, son os mellores iogures do mercado. Nun mercado onde todo baséase na publicidade e no marketing mentres que a calidade dos produtos alimenticios déixase ao carón, dá gusto comprobar como seguen existindo persoas que se preocupan ante todo de proporcionar produtos de calidade e melloralos día a día.
Trátase de produtos, que por desgraza, non se atopan ao alcance de todos os petos, debido aos altos custos que hoxe día supón o realizar un produción deste tipo en España.
Sen dúbida un dez para este produto en todos os seus sabores: natural, desnatados e con froitas (estes últimos espectaculares para o paladar).
Noraboa e oxalá que sigan aparecendo produtos ecolóxicos de alta calidade como este.