Limpeza do Río Lagares / 2 Outubro do 2016

[Información enviada pola organización]

Prezado /a amigo /a:

Lagares Vivo colabora este ano na xornada de limpeza simultánea de ríos de toda Galicia organizada por ADEGA. Así, ADEGA Vigo e Lagares Vivo quérenvos convidar á mesma que vai decorrer no río Lagares o vindeiro domingo, 2 de outubro ás 11 da mañá. O punto de encontro será a rúa Severino Cobas, 244 (Localización).
Achegamos cartaz do evento e nota de prensa difundida.
A xente que queira participar activamente na limpeza deberá acudir con botas de auga e luvas.
Un saúdo,
AdxuntoTamaño
cartaz_mollaterios2016.pdf543.19 KB

 

proxecto fiare galiza