Menú do obradoiro de cociña vegana - especial reposteria

 

MENÚ

 

  • ENSALADA VERDE CON VINAGRETA BALSÁMICA DE ANACARDOS E XERMINADOS CASEIROS

  • ENSALADA DE PATACA E ESPINACAS CON ALIÑO DE ALLO, MISO E TAHINI

  • MAGDALENAS DE ALGARROBA CON CABACIÑO

  • MAGDALENAS RECHEAS DE FROITA

  • GALLETAS DE CHOCOLATE CON NOCES

  • PASTEL DE COUSCOUS E ALBARICOQUES SECOS RECHEO DE MARMELADA E CUBERTA DE CHOCOLATE

  • TORTA CRUDIVEGANA SELVA NEGRA CON NATA VEXETAL E CEREIXAS

 

 

Ingredientes para a ensalada verde:

 

  • 3 leitugas

  • 1 bolsa de rúcula

  • 1 bolsa de espinacas de folla fina

  • 1 presa de cenorias

  • 1 presa de tomates

  • 1 chalota

  • 1 taza de xerminados feitos na casa

  • ½ bote de olivas negras

 

 

Ingredientes para a vinagreta balsámica de anacardos:

 

  • ¾ taza de anacardos remollados

  • ½ vaso de chalotas picadas

  • 1 taza e media de auga

  • ¾ taza de vinagre balsámico

  • 3 culleradas de mostaza

  • 1 cullerada e media de sirope de agave

  • 1 cullerada de sal

  • 1 chisco de pementa negra

 

 

Ingredientes para a ensalada de pataca:

 

  • 1 kg de patacas

  • 1 bolsa de espinacas

  • Un chisco de sal e pementa

 

 

Ingredientes para o aliño de allo, miso e tahini

 

  • 4 ou 5 dentes de allo medianos

  • 1 taza de chalota, ceboliño ou allos tenros picados

  • 1 taza de perexil fresco picado

  • 4 culleradas de tahini

  • 4 culleradas de levadura de cervexa

  • 2 culleradas de miso branco

  • ¾ taza de auga

  • 4 culleradas de zume de limón

  • 1 culleriña de sal

 

 

Ingredientes para galletas de chocolate con noces:

 

  • 2 tazas e media de fariña de espelta

  • ½ taza de chocolate en pó

  • 1 cullerada de bicarbonato

  • ¼ cullerada de sal

  • 1 taza escasa de aceite de xirasol

  • 1 taza e ¼ de panela

  • 1 banana mediana

  • 1 vaíña de vainilla

  • 1 tableta e ½ de chocolate negro (sen lácteos)

  • 1 taza de noces picadas

 

 

Ingredientes para as magdalenas de algarroba e cabaciño:

 

  • 1 taza e ¼ de fariña de trigo ou de espelta integral

  • ¼ taza de algarroba

  • 1 culleriña e ¼ de levadura de repostería

  • ¾ culleriña de bicarbonato

  • ½ culleriña de sal

  • 1 culleriña de canela moída

  • 2 culleradas de sementes de lino moídas mesturadas con 3 culleradas de auga

  • ½ taza de compota de mazá (se non hai pódese facer crúa con 2 mazás, 2 culleradas de auga e un chisco de canela)

  • ¾ taza de panela

  • ¼ taza de bebida de soxa, arroz, avea ou calquera outra “leite” vexetal.

  • 1 vaíña de vainilla

  • 1 taza de cabaciño ralado

 

 

Ingredientes para magdalenas recheas de froita:

 

  • 2 tazas de fariña

  • ½ culleriña de sal

  • 3 culleriñas de levadura de repostería

  • ½ taza de panela

  • 4 culleradas de sementes de lino moídas mesturadas con 6 culleradas de auga

  • ¼ taza de aceite de xirasol

  • ¾ taza de “leite” vexetal + 1 culleriña de vinagre

  • 1 taza e media de froita de tempada

 

 

Ingredientes para o pastel de couscous con albaricoques secos recheo de marmelada e cuberta de chocolate

 

 

  • 4 tazas de zume de mazá

  • 1 chisco de sal

  • 1 taza de albaricoques secos

  • 2 culleradas de casca de laranxa ralada

  • 2 tazas de couscous

  • 1 taza de coco ralado

  • 1 bote de marmelada de amorodo

  • ½ taza de améndoas ou avelás picadas

 

 

Ingredientes de salsa de chocolate:

  • ½ taza de crema de anacardos

  • ½ taza de cacao en pó

  • Un chorriño de sirope de agave

 

 

Ingredientes para torta crudivegana selva negra

 

  • 3 tazas de avelás

  • 1 chisco de sal

  • 20 dátiles

  • ½ taza de chocolate en pó

  • 1 vaíña de vainilla

  • 2 culleradas de auga

  • 1 presa de cereixas

  • Nata vexetal

 

Ingredientes para “nata” vexetal

 

  • 1 taza de améndoas remolladas

  • ¼ taza e 2 culleradas de auga

  • 2 culleradas de sirope de agave

  • 1 vaíña de vainilla

 

proxecto fiare galiza