Podemos preparar:
* Magdalenas de algarroba con cabaciño
* Magdalenas recheas de froita (por exemplo, mazá e pasas, kiwi e ananás ou o que cadre)
* Magdalenas de cenoria
* Galletas de chocolate con noces
* Tarta de couscous e albaricoques secos rechea de marmelada e cuberta de chocolate --- Non precisa forno
* Tarta crudivegana "Selva Negra" (Base de chocolate e dátiles cuberta de "nata" vexetal e cereixas) --- Non precisa forno
Se cadra son demasiadas sobremesas, penso que con 3 ou 4 como moito xa chega. Que vós parece?
De comer, e xa que o obradoiro vai ser en verán podemos preparar un par de ensaladas distintas (unha máis contundente e outra máis lixeira) con dous aliños diferentes. Como complemento ás ensaladas tamén podemos facer algún paté vexetal para untar. Outra opción en vez das dúas ensaladas sería facer só unha e preparar un dhal con arroz, quinoa, millo miúdo ou similar.