Mercado de Nadal de Textil Responsable / 28 , 29 e 30 de Decembro

 

MOSTRA DE TÉXTIL RESPONSABLE

 

Boas

 

Os vindeiros 28, 29 e 30 de Decembro (no horario de apertura habitual da tenda) teremos a posibilidade de coñecer de primeira man varios proxectos de téxtil responsable que se reunirán no local da cooperativa. Tedes máis información sobre o Mercado no arquivo axunto.

 

Agradecemos moito que nos fixeran chegar esta proposta, que nos permitirá coñecelas en persoa, ver e tocar os seus deseños, entender mellor a súa trazabilidade e modo de produción, e tamén mercalos (con desconto para socias de Árbore).

 

Agardamos que saquedes un ratiño para pasarvos :)

Un saúdo do Consello Reitor

AdxuntoTamaño
mercado_textil_responsable_arbore.pdf619.84 KB

 

proxecto fiare galiza