Mercado de Produtos Tradicionais Galegos, Vigo, 3 de Novembro

Mañá, día 3 de Novembro, celebrarase na Praza da Pedra (Mercado do Berbés en caso de chuvia) a Feira "Mercado de Produtos Tradicionais Galegos" na súa edición de Novembro. Lembrámosvos que esta feira realizase tódolos meses, e podedes atopar máis información en: http://patrimoniodegalicia.org/

Consultade a axenda no cartaz axunto a esta noticia. Nesta ocasión presentanse acompañando ao mercado unha longa serie de actividades, incluíndo unha charla da labrega ecolóxica e socia da nosa cooperativa Agatha Broeskamp (http://www.arbore.org/reconecemento-social-2012), obradoiros relacionados coa celebración do Samaín...

Vémonos por alí!

 

proxecto fiare galiza