Mércores 08.02 / Usos de 113 plantas silvestres - Cesar Lema Costas

Este mércores 8 de febreiro, ás 20:00 h teremos unha nova actividade no local social da nosa cooperativa: César Lema Costas presentaranos un novo libro no que participa: Usos de 113 plantas silvestres – Bienaventurada la “maleza” porque ella te salvará la cabeza”.

 

César Lema Costas – É permacultor e doutor en bioloxía. Impartiu diversos obradoiros e palestras sobre estes temas e moitos outros orientados sempre a un consumo máis xusto e responsable. Este ano, na nosa asemblea, foi escollido para o Recoñecemento Social da nosa cooperativa pola súa labor e traxectoria. Se queres coñecer un pouco máis do seu traballo podes consultalo no seu blogue Monacato revolusionario

 

Nesta ocasión mostraranos o porqué e como debemos incrementar o consumo humano de plantas silvestres para mellorar a nosa saúde integral así como a do Planeta, sendo preciso menor superficie destinada a cultivos e usos agrícolas. Explicaranos 113 plantas silvestres na súa totalidade, dende a súa presentación ata as receitas máis axeitadas para o seu consumo. Así como todos os seus aproveitamentos (medicinal, culinario..etc) 

 

Agardamos contar contigo! Unha aperta!

 A Comisión Social

 

proxecto fiare galiza