RAWA é a organización político-social das mulleres do Afganistán que loitan na clandestinidade desde 1977 pola paz, a liberdade, a democracía e os dereitos das mulleres nun país flaxelado polo rexime fundamentalista. Para contarnos dita situación e a loita destas mulleres estará connosco Mitra, activista afegá de RAWA de 26 anos que está a percorrer as nosas terras. A charla terá lugar o 9 de decembro, ás 20:00, no local de Amarante e Verdegaia en Compostela (Av. de Romero Donallo 17). En Vigo o sábado 11 de decembro, ás 19:30, na Cova dos Ratos, Romil 3. Contamos convosco para Mitra sentir o noso interese e agarimo, aprendermos da suas vivencias, mais tamén para lle darmos azos como pobo valedor da xustiza social, da paz e a sustentabilidade ecolóxica.
Presentación de Mitra Shomal:
Nacida en Kabul en 1984, Mitra Shomal trasladouse xunto a súa familia ao exilio afgán para sobrevivir no Paquistán.
O goberno monicreque ruso remataba de caer e comezaba a guerra entre faccións do 1992. A súa nai uniuse a "Asociación Revolucionaria dás Mulleres de Afganistán (RAWA, www.rawa.org) e comezou a dar clases nas escolas da organización.
Mitra formouse naquelas escolas, onde aprendeu ás materias habituais, mentras tomaba conciencia sobre a traxedia das mulleres afgás e a necesidade de loitar contra as causas de tantas miserias. Con 16 anos, ingresou en RAWA e comenzou o activismo "para apoiar ao pobo descalzo e traballar pola construción dun Afganistán laico, democrático e libre".
En 2007 licenciuse en psicoloxía pola Universidade de Kabul e actualmente desempeña diversas responsabilidades no seo de RAWA, como impartir clases, recompilar datos sobre violacións dos Dereitos Humanos e distribuír publicacións clandestinas por todo Afganistán.