Ola! ¿Oíches falar das copas menstruais? Pois se es muller e/ou tes amigas, esta información pode ser do teu interese.
A copa menstrual Mooncup é unha alternativa saudable, ecolóxica e económica aos produtos de hixiene feminina convencionais.
É máis saudable porque:
• Está feita con silicona médica non alerxénica, polo que non provoca alerxias nin irritacións
• Evita o risco de padecer a síndrome de shock tóxica asociada aos tampóns
• Limitase a recoller a menstruación, co que non interfire co delicado entorno vaxinal, non absorbe as defensas naturais nin deixa fibras na parede vaxinalÉ máis ecolóxica porque:
• É reutilizable, non de usar e tirar, dura varios anos
• A silicona provén do sílice, material moi abundante no planeta.
É máis económica porque:
• custa 30€, o que unha muller gasta durante uns 6 meses en compresas e tampóns
• só necesitas ter unha copa
Outros factores a ter en conta son:
• Comodidade e higiene
• Pode usarse durante toda a noite e para facer exercicio
• Está fabricada en Inglaterra por unha pequena empresa
• Todos os materiais son o máis ecolóxicos posible
• Está recoñecida pola Vegetarian Society e a Vegan Society, o que implica que non se utilizan produtos de orixe animal na súa fabricación nin nas investigacións



