Árbore fará análises químicos dos seus produtos

No mes de xuño, Árbore comezará a facer análises químicas independentes dos produtos presentes na cooperativa. Cada semana, unha socia poderá seleccionar un produto para facerlle unha analítica dos 120 químicos de síntese máis habituais na agricultura convencional. A analítica resultante será exposta no taboleiro da cooperativa. Dende Árbore queremos garantir a calidade orgánica dos produtos da cooperativa. Se queres participar só tes que comentalo na cooperativa.