Dende Enxeñería Sen Fronteiras convidámosvos ás II Xornadas de Bioconstrución que se levarán a cabo no IES Politécnico de Vigo.
As I Xornadas de Bioconstrución realizáronse na Universidade da Coruña en 2015, cunha alta valoración. A segunda edición levarase a cabo en Vigo a partir do xoves 29 de setembro do 2016, en colaboración co Departamento de Edificación e Obra Civil do IES Politécnico de Vigo.