Consumo Consciente O Consumo Consciente consiste en interesarse polas repercusións dos nosos actos de consumo: qué mercamos e onde, onde e cómo foi producido e cómo chegou a nós. Trátase de coñecer se os nosos hábitos de consumo son en maior ou menor grado, ambiental e socialmente sostibles [...]
Economía social A Economía Social é unha grande corrente socioeconómica que foise configurando ao longo do tempo sumando aportacións de diferentes fontes. Esto explica a pluralidade de enfoques e de experiencias sociais e empresariais que comparten este concepto de Economía social.Esta riqueza de iniciativas plasmase en diferentes formas de acción, transformación, e de organización horizontal e democrática da sociedade [...]
Comercio Xusto O Comercio Xusto é un movemento social que, a través dunha práctica comercial, un labor de sensibilización e un traballo de mobilización social aspira a cambiar os actuais modelos de relacións económicas e participar na construción de alternativas. Como tal movemento social, o comercio xusto reflicte a diversidade existente na sociedade, e ten moitas definicións e interpretacións dependendo das organizacións que as realicen [...]
Soberanía alimentar A soberanía alimentar é o DEREITO dos pobos a definir a súa política agraria e alimentaria, sen dumping fronte a países terceiros. O dereito dos campesiños a producir alimentos e o dereito dos consumidores a poder decidir o que queren consumir e, como e quen llo produce [...]